PARATRADITPARATRADIT

II CONGRESO INTERNACIONAL DE PARATRADUCIÓN, INTERLINGUAS E TRANSMEDIA

25, 26 E 27 DE MARZO DE 2026

MODALIDADE PRESENCIAL E EN LIÑA | UNIVERSIDADE DE VIGO
QUEN SOMOS?

Benvida ao congreso

A II edición do Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia (ParatradIT), que se celebrará en 2026 na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, pretende ser o segundo evento científico dunha serie que, ao longo dos anos, estudará as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas vixentes para traducir entre linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia en pantalla e fóra dela.

Organizado polo Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo en colaboración coa Universidad de Córdoba e a Universidad de Alicante, terá lugar tanto na modalidade presencial como en liña do 25 ao 27 de marzo de 2026. As linguas do congreso son cinco: español, galego, francés, inglés e portugués. Convidámosvos a participar nas sesións que terán lugar durante os tres días do congreso.

EDICIÓN ANTERIOR | 2024

A 1.ª EDICIÓN EN CIFRAS

image
150
asistentes
image
72
relatores
image
26
países
image
5
linguas

EIXES DO CONGRESO

image

Tradución e interpretación na era dixital

como capitalizar de xeito positivo a devandita (r)evolución dixital tanto na docencia universitaria como no exercicio profesional da tradución e a interpretación

1
image

Pedagoxía e didáctica dixitais das linguas

iniciativas investigadoras, resultados e experiencias prácticas diarias da docencia dixital na aula

2
image

Intelixencias artificiais no tratamento automático das linguas

ferramentas para o tratamento automático e semiautomático de linguas que contribúen á investigación científica

3
PARTICIPA COMO RELATOR | PRESENCIAL OU EN LIÑA

Asistencia con relatorio

140 € / autor asinante

Público xeral

  • Acceso ao congreso
  • Diploma de asistencia
  • Diploma de presentación de comunicación, póster ou infografía
  • Publicación da comunicación*
90  / autor asinante

Alumnado de doutoramento

  • Acceso ao congreso
  • Diploma de asistencia
  • Diploma de presentación de comunicación, póster ou infografía
  • Publicación da comunicación*
90  / autor asinante

Residentes en países con PIB baixo*

  • Acceso ao congreso
  • Diploma de asistencia
  • Diploma de presentación de comunicación, póster ou infografía
  • Publicación da comunicación*
60  / autor asinante

Alumnado do MTCI, ETIV e T&P

  • Acceso ao congreso
  • Diploma de asistencia
  • Diploma de presentación de comunicación, póster ou infografía
  • Publicación da comunicación*
PARTICIPA COMO ASISTENTE | PRESENCIAL OU EN LIÑA

Asistencia sen relatorio

DE BALDE

ASISTENCIA SEN CERTIFICADO

  • Acceso ao congreso
  • Diploma de asistencia
15 

ASISTENCIA CON CERTIFICADO

  • Acceso ao congreso
  • Diploma de asistencia
image
image
image

Onde estamos?

image

Dirección

Facultade de Filoloxía e Tradución
Universidade de Vigo
As Lagoas, Marcosende 36310 Vigo (Galicia)

image

Correo electrónico

paratradit@gmail.com

Galego