O 27 de agosto vindeiro comeza o segundo prazo de matrícula nos mestrados da Universidade de Vigo. O prazo de preinscrición será dende o 27 de agosto ao 2 de setembro; o de matrícula, dende o 17 ao 20 de setembro. No seguinte cadro están resumidos os procesos e as súas datas:
Para realizar a preinscrición, cómpre entregar fotocopia ou copia escaneada de:
- DNI.
- Folla de preinscripción (https://matricula.uvigo.es).
- Fotocopia do título universitario.
- Certificación académica oficial.
Para máis información:
http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/alumnado/posgrao/matricula2015/