Voute preservar, miñoca!

O Grupo de Investigación Translation & Paratradución (T&P), o Máster en Translation for International Communication (nternacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– e o Título Propio de Especialista en Translation for International (ndustria do Videoxogo (ETIV) estarán presentes no acto de clausura da Xornada organizada polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (geAAT) da Universidade de Vigo titulada

Voute preservar, miñoca!

Onde os videoxogos en galego e a arqueoloxía se dan a man 

 

Data: venres, 15 de setembro de 2023 

Lugar: Edificio Redeiras. Praza do Berbés, Vigo 

Inscricións: https://geaat.webs.uvigo.es/gl/formulario-de-inscricion/ 

Convida a toda a cidadanía a achegarse a Redeiras e unirse aos talleres, campionatos, charlas…

A UVigo reivindicará este venres os videoxogos en galego cunha xornada chea de actividades

Contarase coa participación de múltiples especialistas neste sector

 

D. BESADÍO  DUVI  13/09/2023

Voute preservar, miñoca! Con este suxerinte título a Universidade de Vigo organizou para este venres unha xornada na que os videoxogos en galego e a arqueoloxía se darán a man. Será ao longo de todo do día no edificio Redeiras, na praza do Berbés, aberta ao público en xeral, pensada especialmente para a mocidade, “pero non exclusivamente, pois é evidente que o mundo dos videoxogos cada vez se estende a máis capas de idade”, tal e como explica a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, quen adianta que haberá tamén actividades especificamente dirixidas ás familias.

Coincidindo coa clausura da exposición Arqueoloxía dixital galega, na que se achega ás persoas espectadoras a diferentes aspectos relacionados coas redes sociais e Internet en Galicia, as actividades da xornada van dirixidas a remarcar a importancia do uso do galego no mundo dos videoxogos. Trátase, a xuízo da vicerreitora, “de reivindicar a presenza da nosa lingua nun contexto de grande actualidade entre a xuventude” e para conseguilo contarase coa participación de especialistas, profesorado e alumnado dos tres campus que, a través das súas propias experiencias, tratarán de lanzar “unha mensaxe de esperanza do uso do galego cara as novas tendencias”.

Todo un abano de posibilidades para amantes dos videoxogos

O programa arrancará ás 11.30 horas cun encontro didáctico cos responsables de UVigo SpaceLab, un equipo multidisciplinar de alumnas e alumnos de diferentes escolas de enxeñaría da UVigo dedicados ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais dentro do ámbito educacional. A continuación, ás 12.00 horas, arrancará a zona de videoxogos retro en galego,  centrada nas consolas que reinaron nos anos oitenta e noventa.

A maior parte de actividades concéntranse pola tarde. Empezarase ás 16.30 horas con Entre nós, un xogo multixogador en liña pensado para familias -menores de 12 anos acompañados-. Ás 17.00 h. está previsto un hackaton para crear guións de videoxogos, aberto a persoas maiores de 14 anos, e, á mesma hora, terá tamén lugar un adestramento de elite en deportes dixitais a cargo de Tomás Leis Bravos, capitán do equipo de e-Sports Valorant da UVigo e, segundo se destaca no programa, “un dos mellores deportistas de Galicia e un as niso de saber trucos”.

Referente indiscutible no mundo da dobraxe, outro dos convidados será Julio Lorenzo, o actor que lle puxo voz a Son Goku para a TVG, que contará neste acto múltiples anécdotas coas que amosar “como se pode chegar a superar o millón de unidades de forza niso de motivar a falar en galego a varias xeracións”.

A maiores, o programa inclúe tamén un campionato de Dragon Ball Z e unha pequena charla do profesor e co director do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo José Yuste, sobre traducir e paratraducir os videoxogos en Galicia. A xornada pecharase  ás 20.00 horas coa clausura da exposición Arqueoloxía Dixital Galega que pode visitarse no edificio Redeiras desde o pasado mes de xullo e que agora seguirá a súa andaina polo resto de campus da UVigo, así como por outras institucións.

Related post

Presentación do curso 2024-2025

Co gallo do Día Internacional da Tradución, o pasado luns 30 de setembro tivo lugar, no Salón de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o acto de presentación do curso académico 2024-2025 no Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI)-Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e…

Read more
Doble titulación UVigo-UniPA desde el MTCI

Desde la coordinación del Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICA y EUROPEAN MASTER’S IN TRANSLATION (EMT)–  nos llena de orgullo anunciar que, a partir del curso académico 2024-2025, nuestro alumnado tendrá la posibilidad de obtener una doble titulación gracias al convenio que han firmado el Rector…

Read more
El MTCI es EMT (Máster Europeo en Traducción)

Excelencia europea para el MTCI Desde la coordinación del Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– tenemos el placer de anunciar que nuestro máster acaba de conseguir el sello de calidad de MÁSTER EUROPEO EN TRADUCCIÓN que otorga la Dirección General de la Traducción de la Unión…

Read more
Premio ETIV-UVigo «Manolo Ramos» al mejor trabajo de investigación

Los Premios ETIV-UVigo a la localización de videojuegos son unos galardones institucionales promovidos por el Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria del Videojuego (ETIV) dentro de la formación del Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– de la Universidade de Vigo. Estos premios nacieron…

Read more