Xornada «Tomamos o pulso ao mercado da interpretación en Galiza»

Xornada sobre interpretación na FFT da UVigo

A Asociación Galega de profesionais da tradución e da interpretación (AGPTI) organiza unha xornada acerca da evolución do mercado da interpretación na Galiza e polo tanto acerca do seu futuro. Esta xornada de traballo terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o vindeiro 5 de febreiro de 2019, das 9.30 ás 14.00. Estades invitados a participar.

Para saber máis do programa da xornada

Related post

Volve a mentoría personalizada do MTCI

Un ano máis, dende a coordinación do Mestrado Universitario en Traducción para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo, temos o pracer de anunciar unha nova edición do noso programa de mentoría con profesionais, que se porá en marcha a finais de abril de 2025, en modalidade virtual. Tras a excelente acollida da edición…

Read more