Conferencia de María Fernández Moya

El mercado exterior del sector editorial español

Conferencia impartida por María Fernández Moya del Colegio Universitario de Estudios Financieros (CUNEF Universidad Complutense de Madrid)

Conferencia organizada por BiFega-BITRAGA, CULTURFIL, y patrocinada por Vic. de Extensión Univ. e Relacións Internacionais Uvigo/Programa Doutoramento T&P

Lugar: Salón de graos – FFT

Data: Mércores 22/05/2019

Hora: 11h00

María Fernández Moya é doutora en Historia Económica e profesora no Colegio Universitario de Estudios Financieros (CUNEF Universidad Complutense de Madrid). A súa liña de investigación actual

O seu relatorio versará sobre o mercado do libro, un tema de sumo intrese para o mundo da tradución.

España é actualmente unha das potencias mundiais en materia de edición xa que move uns 3 000 millóns de euros. Dada a falta de liderado noutros sectores industriais, o mediocre nivel educativo e cultural do país durante case todo o século XX, ¿ Como é posible que España ocupe un posto tan relevante no rango internacional de potencias editoriais?, ¿Cómo foi quen de forxar un tecido editorial competitivo a nivel internacional?

A profesora Fernández Moya tratará de responder a estas e outras preguntas que se lle formulen sobre a cuestión.

A conferencia está financiada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo dentro da convocatoria 2019 de “Axudas para actividades extraacadémicas e de difusión cultural”.

Agardámosvos a todas/os!

Artículos relacionados

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Leer más
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Leer más