Fidalgo Oitavén, Rita

Foto Rita Fidalgo

Foto Rita FidalgoRita Fidalgo Oitavén (Fornelos de Montes, 1982) estudou Tradución  e Interpretación na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. No ano académico 2006/07 foi alumna do curso de “Integración e Desenvolvemento Eurorrexional Galicia Norte de Portugal” organizado polo CEER nas seis universidades da Eurorrexión no que cursou os módulos de Territorio e Ambiente (UP); Patrimonio, Cultura e Turismo (UVIGO) e Administracións Públicas (UDC).

Dende 2007 traballa no Eixo Atlántico onde ocupa o cargo de Responsable da Área de Programas e Cooperación da cal depende a xestión de proxectos de diferentes temáticas como a Cultura, o Turismo, a Educación, o Deporte, o Desenvolvemento Sostible ou a eficiencia enerxética, entre outros.

Contacto: rita_fidalgo_oitaven@yahoo.es

Artículos relacionados

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Leer más
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Leer más