A tradución xurídica en galego

Dentro do marco das actividades académicas do Máster en Tradución para a Communication (nternacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– e do Programa Internacional de Doutoramenteo Tradución & Paratradución (T&P), o próximo martes, 25 de outubro de 2022, ás 11.00 h e no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo, Ana Belén Varela Miño impartirá a conferencia titulada

A tradución xurídica en Galego. O/a tradutor/a intérprete da Administración de xustiza

Coma sempre, esperamos a vosa presenza física no acto. Para aquelas persoas que non poidan asistir, basta con premer no seguinte PDF interactivo que permite o seguemento telemático do acto.

Bionota da conferenciante

Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo na combinación lingüística inglés, francés e galego (1996-2001), Ana Belén Varela Miño, ten o Certificado de nivel C1 de portugués e ciclo elemental e superior de inglés e galego da EOI de Ferrol. É Tradutora e intérprete xurada de inglés-galego-inglés e Tradutora xurada de galego-castelán-galego.

Desde setembro de 2002 ata a actualidade, é tradutora e intérprete da Administración de Xustiza con destino no Equipo Lingüístico do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cun período dun ano con destino provisional na Audiencia Provincial de Lugo. As funcións deste posto son a tradución, nomeadamente do castelán ao galego e viceversa, aínda que tamén de portugués, de resolucións xudiciais, leis e outros documentos, así como de memorias das actividades xudiciais de fiscalía, tribunais e xulgados de Galicia; interpretación simultánea en determinados actos xudiciais, como o xuízo do Prestige; tradución ao galego dos modelos do sistema informático da Administración de Xustiza (Minerva), elaboración de glosarios, asesoramento en cuestións lingüísticas ao persoal ao servizo da administración de xustiza.

Ana Belén Varela Miño é autora de diversos traballos de tradución e revisión, principalmente audiovisual, guións para a dobraxe e o subtitulado. Na súa faceta profesional de tradutora literaria fixo a tradución do libro Berenice e outros relatosde Edgar Allan Poe para a editorial Ir Indo; traduciu tamén varios contos de Viginia Woolf, publicados na Biblioteca Virtual (Bivir). É tamén tradutora ao castelán de diversos poemas de Antía Otero que viron a luz en varias antoloxías e revistas especializadas.

Foi a gañadora do XXI Certame Francisco Añón co poemario Asombrario en 2017, publicado polo Concello de Outes, e do VI Premio Gonzalo López Abente no 2019, por Onde nacen as hedras, publicado por Xerais.

Os videos da conferencia

Presentación da conferenciante

A conferencia

Turno de preguntas

Related post

¡Vuelven los Premios ETIV-UVigo en su III Edición!

Nos complace anunciar que los Premios ETIV-UVigo regresan un año más para celebrar y reconocer la excelencia en la localización de videojuegos. Estos galardones, organizados por la Universidade de Vigo y el grupo de investigación TI4 Traducción & Paratraducción (T&P), forman parte de las actividades del Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria…

Read more
Citizens’ Language Days: entrevista a Paula Sánchez

1.     Que sentiches ao ser unha das 24 persoas seleccionadas de entre todos os mestrados da rede europea (EMT)? Creo que o sentimento de ledicia que vivín cando recibín a noticia é indescritible. Foi una grata sorpresa e unha gran oportunidade que tiña claro que ía aproveitar ao máximo. Sentinme moi afortunada de poder representar…

Read more
Nociones clave para-traducir entre la transtextualidad y la transmedialidad

Desde la Coordinación del Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia y Máster Europeo en Tradución (EMT) de la Dirección General de Traducción de la Unión Europea– nos complace anunciar que el Grupo de Investigación Traducción & Paratraducción (T&P) estará presente en el Congreso internacional GLOTECH 2024: ” Shaping…

Read more