A tradución xurídica en galego

Dentro do marco das actividades académicas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– e do Programa Internacional de Doutoramenteo Tradución & Paratradución (T&P), o próximo martes, 25 de outubro de 2022, ás 11.00 h e no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo, Ana Belén Varela Miño impartirá a conferencia titulada

A tradución xurídica en Galego. O/a tradutor/a intérprete da Administración de xustiza

Coma sempre, esperamos a vosa presenza física no acto. Para aquelas persoas que non poidan asistir, basta con premer no seguinte PDF interactivo que permite o seguemento telemático do acto.

Bionota da conferenciante

Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo na combinación lingüística inglés, francés e galego (1996-2001), Ana Belén Varela Miño, ten o Certificado de nivel C1 de portugués e ciclo elemental e superior de inglés e galego da EOI de Ferrol. É Tradutora e intérprete xurada de inglés-galego-inglés e Tradutora xurada de galego-castelán-galego.

Desde setembro de 2002 ata a actualidade, é tradutora e intérprete da Administración de Xustiza con destino no Equipo Lingüístico do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cun período dun ano con destino provisional na Audiencia Provincial de Lugo. As funcións deste posto son a tradución, nomeadamente do castelán ao galego e viceversa, aínda que tamén de portugués, de resolucións xudiciais, leis e outros documentos, así como de memorias das actividades xudiciais de fiscalía, tribunais e xulgados de Galicia; interpretación simultánea en determinados actos xudiciais, como o xuízo do Prestige; tradución ao galego dos modelos do sistema informático da Administración de Xustiza (Minerva), elaboración de glosarios, asesoramento en cuestións lingüísticas ao persoal ao servizo da administración de xustiza.

Ana Belén Varela Miño é autora de diversos traballos de tradución e revisión, principalmente audiovisual, guións para a dobraxe e o subtitulado. Na súa faceta profesional de tradutora literaria fixo a tradución do libro Berenice e outros relatosde Edgar Allan Poe para a editorial Ir Indo; traduciu tamén varios contos de Viginia Woolf, publicados na Biblioteca Virtual (Bivir). É tamén tradutora ao castelán de diversos poemas de Antía Otero que viron a luz en varias antoloxías e revistas especializadas.

Foi a gañadora do XXI Certame Francisco Añón co poemario Asombrario en 2017, publicado polo Concello de Outes, e do VI Premio Gonzalo López Abente no 2019, por Onde nacen as hedras, publicado por Xerais.

Os videos da conferencia

Presentación da conferenciante

A conferencia

Turno de preguntas

Artículos relacionados

Entrevista a Leire Area Balado, estudiante del MTCI en Palermo

En un afán de la coordinación del máster por internacionalizar cada vez más el MTCI, desde el curso académico 2024/25, existe un convenio entre la Universidade de Vigo y la Università degli Studi di Palermo que permite a nuestro estudiantado obtener una doble titulación. Leire Area Balado fue una de las tres estudiantes que han…

Leer más
O Máster en Tradución para a Comunicación Internacional participa na reunión de primavera da rede EMT en Varsovia

Os días 2 e 3 de xuño de 2025, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, representado polo profesor Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy, participou na reunión de primavera da rede EMT (European Master’s in Translation), que tivo lugar na Universidade de Varsovia, no Instituto de Lingüística Aplicada.Esta xuntanza internacional, organizada…

Leer más
A Universidade de Vigo reafirma o seu liderado na localización de videoxogos coa III Edición dos Premios ETIV

O Centro Comercial Vialia de Vigo converteuse este venres nun escaparate da innovación e excelencia na tradución de videoxogos coa celebración da III Edición dos Premios ETIV-UVIGO. O evento, organizado polo título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e tamén polo noso Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI),…

Leer más