Contrato laboral en el proyecto ILSA de la UVigo

El Decano de la Facultade de Filoloxía e Tradución de la UVigo, Luis Alonso Bacigalupe, uno de los miembros del proyecto Erasmus + KA203 denominado ILSA (Interlingual Live Subtitling for Access) que lidera el investigador Ramón y Cajal de la UVigo Pablo Romero-Fresco, acaba de reenviar hoy mismo, a toda la comunidad universitaria de la UVigo, un mensaje de correo electrónico que el MTCI no podía dejar de reproducir aquí, en la sección de ofertas laborales de nuestra web, para conocimiento de todo su alumnado y personas interesadas en el(los) contrato(s) laboral(es) ofertado(s) —no se especifica cuántos son—.
He aquí el texto literal del susodicho mensaje redactado en gallego (la negrita y la coloración de algunos caracteres son nuestras):

Prezada comunidade da UVigo,

Achégase información relativa ao proceso de selección para a contratación de persoal de apoio para o proxecto europeo Erasmus + ILSA (Interlingual Live Subtitling for Access):

. Requisitos das/dos candidatas/os:
– Estudos superiores finalizados de tradución inglés/español ou galego ou linguas estranxeiras ou filoloxía inglesa
– Experencia relacionada en tarefas de traducción, subtitulado de software, localización de software, interpretación simultánea.
– Experencia en proxectos universitarios internacionais.

. Traballo a levar a cabo e condicións contractuais:
– Apoio na execución das actividades do proxecto e nas comunicacións cos socios internacionais
– Tarefas de tradución e de elaboración de documentación do proxecto
– Apoio lingüístico en traballos de divulgación

. Duración: 5 meses en xornada de 20 horas semanais
. Retribución: contrato laboral cunha dotación de 700 euros brutos ao mes.
. Lugar de traballo: Campus Lagoas-Marcosende. Vigo

. Proceso de selección:
– Realizarase segundo o CV actualizado en base ao expediente académico e experiencia laboral.
– O proceso selectivo será resolto por unha Comision formada polo equipo líder de ILSA

As persoas que se presenten a selección proporcionaráselle unha listaxe ca/o candidata/o seleccionada/o e as/os candidatas/os en reserva.

Envío de solicitudes a: Pablo Romero

Pódese atopar máis información sobre o proxecto nestes enlaces:
http://www.crtvg.es/informativos/a-universidade-de-vigo-lidera-un-proxecto-para-subtitular-retransmisions-en-directo-noutros-idiomas
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/09/20/universidad-lidera-proyecto-subtitular-directo/1752894.html

Data límite de envío: 26 de febreiro de 2018

Artículos relacionados

Microcredencial: Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios

Temos o pracer de anunciar a posta en marcha da microcredencial Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios, unha formación inicial deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da Corea contemporánea. Esta proposta formativa está dirixida a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para realizar estudos ou estadías…

Leer más
Do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional ao Parlamento Europeo: entrevista con Alba Rubio Alonso

Por que decidiches solicitar a bolsa Schuman do Parlamento Europeo e como te enteraches da convocatoria? Que esperabas aprender ou experimentar durante o teu período de prácticas? Dende a adolescencia, sempre sentín un especial interese polas culturas. Cando estudei o Grao en Linguas Estranxeiras e, posteriormente, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, sabía…

Leer más
Aberta a inscrición na microcredencial «Tradución e dobraxe»

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo informa que puxo en marcha, a través do docente Xoán Montero, a microcredencial «Tradución e dobraxe», unha formación semipresencial de 3 ECTS pensada para iniciar o alumnado nas profesións de tradutor/a audiovisual e actor/actriz de dobraxe. Trátase dunha excelente oportunidade para achegarse ao…

Leer más