INSCRICIÓN


GUÍA RÁPIDA

PARA INSCRIBIRSE CORRECTAMENTE

CALL FOR PAPERS ABERTO ATA O 1 DE FEBREIRO DE 2026

 

O prazo para inscribirse no congreso remata o 1 de febreiro de 2026, tanto para poñentes coma para asistentes. Os poñentes deberán achegar o resumo da súa ponencia no formulario correspondente.

Formulario relatores

INSCRÍBETE ANTES DO 1 DE FEBREIRO DE 2026

días
horas
1

Cubre o formulario que che corresponde

Se vas presentar un relatorio, cubre o formulario de relatores. Se prefires asistir só como oínte, cubre o de asistentes.
2

Agarda a recibir un correo de aceptación

Revisaremos a túa proposta o antes posible. Se é aceptada, recibirás un correo electrónico.
3

Escolle un dos seguintes métodos de pagamento

Poderás efectuar o pagamento a partir do 1 de setembro de 2025 e ata o 1 de febreiro de 2026. Lembra que, no caso de beneficiarte dun desconto, deberás enviar a documentación acreditativa correspondente.
3.1

Transferencia bancaria

Datos bancarios

N.º conta: ES14 2080 0501 12 3110000112
Oficina: Abanca
Concepto: INV00239 + nome e apelidos. DNI/pasaporte (nesa orde)
*Código BIC (só dende o estranxeiro): CAGLESMMXXX
3.2

Pago con tarxeta

mediante inscrición previa na plataforma Bubela

Acceder a Bubela

Aviso: esta páxina amósase por defecto en galego, pero tamén está dispoñible en español, inglés e portugués. Para cambiar o idioma, selecciona Cambio de lingua no menú da esquerda.
4

Envía o xustificante de pagamento a paratradit@gmail.com

Se non o fixeches xa no formulario de inscrición, no mesmo correo achega, de ser o caso:
4.1

Documentación acreditativa

Só no caso de beneficiarte dun desconto. Pode ser un xustificante de matrícula/pertenencia ou documento similar.
4.2

Fotografía sobre fondo branco

Só é preciso que a envíes se es relator. Publicarase na páxina web, redes sociais e no libro de resumos do congreso.
Galego