EIXE 1

TRADUCIÓN E


INTERPRETACIÓN

NA ERA DIXITAL

COORDINADO POR JOSÉ YUSTE FRÍAS

image
image
image
image
image
image
image

Presentación


Son moitas as profesións e industrias nas que o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a intelixencia artificial provocaron un enorme cambio nas tarefas automatizables. O exercicio profesional da tradución e a interpretación é unha desas actividades dixitalizadas: hoxe en día proliferan novas formas de traballar en pantalla que, aparentemente, parecen outorgar maior flexibilidade, colaboración e eficacia ante calquera encargo real de tradución e interpretación.


Dende o seo do Grupo de Investigación Tradución & Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo, organizamos este Congreso agardando recibir propostas de reflexión e resultados prácticos sobre como capitalizar de forma positiva a devandita (r)evolución dixital tanto na docencia universitaria como no exercicio profesional da tradución e a interpretación, procurando non apartar a mirada posta en tres obxectivos:

Aumentar

os potenciais beneficios que aportan as tecnoloxías lingüísticas e a intelixencia artificial tanto na formación universitaria como no exercicio profesional da tradución e a interpretación

Identificar

os posibles límites das novas tecnoloxías á hora de Traducir e Interpretar en Medio Social (TIMS). Os eidos de sanidade, educación e xustiza do servicio público necesitan, hoxe máis que nunca, a calor humana da presenza (física ou virtual?) de quen traduce e interpreta tanto á persoa que prové o servizo público como a persoa migrante alófona que recorre a el. As pantallas reforzan ou entorpecen o labor de quen exerce de forma profesional a TIMS?

Advertir

dos riscos reais que, para a formación de quen aspira a ser profesional da tradución e a interpretación, entraña o uso exclusivo das pantallas

Todo iso co fin primordial de describir a mutación conceptual do que significa traducir e interpretar no século XXI. A continuación, presentamos un breve listado dos posibles temas que nos gustaría tratar neste primeiro eixo do Congreso. O seguinte listado é, simplemente, orientativo e estamos abertos a outras propostas orixinais que puidesen tratar calquera aspecto de Tradución e interpretación na era dixital:

RECURSOS PARA-TRADUCIR EN REDE

FERRAMENTAS DE CONTROL DE CALIDADE

RECURSOS PARA INTERPRETAR EN REDE

Galego