PREGUNTAS FRECUENTESPREGUNTAS FRECUENTES
Si, xa que a tarifa se corresponde coa comunicación suxeita a publicación, non co relatorio.
Todos os asinantes do artigo teñen que estar inscritos no congreso e ter aboada a tarifa correspondente para poder presentar a súa comunicación, independentemente de se participan ou non no relatorio. Por exemplo, se o artigo o asinan cinco autores, aínda que só dous presenten a comunicación no congreso (presencial ou en liña), cada un dos cinco autores deberá aboar a taxa correspondente. En caso contrario, o seu nome non aparecerá nin na autoría da comunicación nin, no caso de ser publicado tras a correspondente revisión por pares, no capítulo da revista.
Non. Só as comunicacións avaliadas positivamente por pares cegos do Comité Científico serán publicadas como capítulo de libro nunha editorial nacional ou estranxeira indexada en SPI (Ránking: Scholarly Publishers Indicators) con Cuartil Q1 e/ou como artigo nunha revista.
Todos os relatorios poderanse seguir a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Recoméndase ler atentamente a guía para conectarse ao Campus Remoto.
Non, só poderán seguirse en directo.
O antes posible despois do 1 de febreiro de 2026, data límite para inscribirse no congreso. Notificarase ás persoas relatoras por correo electrónico e poderá consultarse no apartado correspondente da páxina web.
Si, a Facultade de Filoloxía e Tradución dispón dunha cafetaría con zona de restauración e menú do día. Ademais, existe no Campus Lagoas Marcosende unha área de restauración preto do edificio Miralles.
Unha vez aboado o importe da inscrición ao congreso, segundo corresponda por tipo de membresía ou condición e prazo de inscrición, ParatradIT non devolverá os cartos da inscrición nin admitirá modificacións.
Se ParatradIT anula o congreso programado para marzo de 2026 por calquera motivo, devolverá o 100 % do importe aboado a todas as persoas inscritas.