Ós mandos da tradución: conceptos básicos da localización de videoxogos

Iago Álvarez Graña

é tradutor, revisor e tester lingüístico de videoxogos dende 2015, ademais de revisor de software inglés-galego e profesor de testeo LQA no Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV).

Este obradoiro centrarase en explicar os conceptos básicos da tradución, revisión e testeo lingüístico de videoxogos e como o conxunto dos devanditos procesos, unidos á adecuación cultural dos textos, dá forma ó que hoxe en día se coñece como «localización».

Durante este obradoiro expoñerase como funciona esta industria e como é traballar nela, as súas particularidades e esixencias (como a habitual falta de contexto ou os prazos de entrega estritos), os tipos de textos que poden aparecer e como lidar con eles (dende terminoloxía específica de todo tipo ata adaptación do humor), entre outros temas. 

Tamén se farán prácticas con casos reais coa idea de entrar en contacto coas características e situacións que se poden presentar, exemplificar como funciona a comunicación cos clientes e aclarar posibles dúbidas que poidan xurdir no proceso.

  • Venres, 22 de marzo de 2024
  • 18.15 h - 20.15 h
  • Aula Newton 17 (Edificio C) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo