Benvidos e benvidas ao
ParatradIT-2024_UVigo_T&P
I Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia
Congreso realizado en modalidade presencial e en rede
A I edición do Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia (ParatradIT), que se celebrará en 2024 na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, pretende ser a primeira edición dunha serie de eventos científicos que, ao longo dos anos, estudarán as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas vixentes para traducir entre linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia en pantalla e fóra dela.
Organizado polo Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo en colaboración coa Universidad de Córdoba, terá lugar tanto na modalidade presencial como en rede do 20 ao 22 de marzo de 2024. As linguas do congreso son cinco: español, galego, francés, inglés e portugués. Convidámosvos a participar nas sesións que terán lugar durante os tres días do congreso.