Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI)
Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia
O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo iniciou a súa andaina no curso 2013-2014. Esta formación especializada de posgrao, de modalidade semipresencial, ten por obxectivo ofrecerlle ao alumnado unhas destrezas holísticas para encarar os limiares do seu porvir profesional con solvencia.
SAÍDAS LABORAIS
- Tradutor/a-intérprete no eido do comercio exterior:
- Responsable de importación-exportación de empresas nacionais ou internacionais
- Técnico de comercio exterior
- Responsable de análise de desenvolvemento
- Tradutor/a-intérprete na:
- área da comunicación audiovisual e multimedia
- área sanitaria
- área educativa
- área xudicial
da mediación intercultural, multicultural e transcultural.
- Investigación. Cómpre sinalar que tamén hai alumnado interesado na investigación, deste xeito continúa a súa formación cos estudos de doutoramento.
Indicadores de calidade
A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) valorou moi positivamente «a demanda do título, sempre por riba do mínimo esixido e en progreso ascenso».
Taxa de 0% de abandono nos estudos
Rankings da Universidade de Vigo
Eido científico de Humanidades
Primeiro lugar
Mestrados mellor valorados
Sexto posto (sobre 63)