O vindeiro venres 28 de xuño comeza o prazo de preinscrición no mestrado. O prazo prolongarase ata o xoves 4 de xullo e os trámites poderanse facer tanto na secretaría virtual da Uvigo (https://matricula.uvigo.es) como en persoa na Facultade de Filoloxía e tradución. Con esta preinscrición dáse comezo ó primeiro proceso de matriculación no mestrado.
Para realizar a preinscrición, cómpre entregar fotocopia ou copia escaneada de:
- DNI.
- Folla de preinscripción (https://matricula.uvigo.es).
- Fotocopia do título universitario.
- Certificación académica oficial.
- Acreditación da competencia lingüística. Para o alumnado proveniente de licenciaturas ou graos en T&I abonda coa certificación académica. Os demais solicitantes poden achegar certificacións das Escolas Oficiais de Idiomas ou equivalente.
- Carta de solicitude, na que se debe indicar a motivación para facer este mestrado.
- Curriculum Vitae, con indicación dos coñecementos de idiomas e experiencia profesional en tradución, interpretación e/ou relacións comerciais dos solicitantes (non é un requisito de admisión, é para coñecervos mellor).
Para máis información:
http://www.uvigo.es/uvigo_gl/