27 de xuño: preinscrición no mestrado

O vindeiro venres 28 de xuño comeza o prazo de preinscrición no mestrado. O prazo prolongarase ata o xoves 4 de xullo e os trámites poderanse facer tanto na secretaría virtual da Uvigo (https://matricula.uvigo.es) como en persoa na Facultade de Filoloxía e tradución. Con esta preinscrición dáse comezo ó primeiro proceso de matriculación no mestrado.

  primeiro prazo matrícula

Para realizar a preinscrición, cómpre entregar fotocopia ou copia escaneada de: 

  • DNI.
  • Folla de preinscripción (https://matricula.uvigo.es).
  • Fotocopia do título universitario. 
  • Certificación académica oficial. 
  • Acreditación da competencia lingüística. Para o alumnado proveniente de licenciaturas ou graos en T&I abonda coa certificación académica. Os demais solicitantes poden achegar certificacións das Escolas Oficiais de Idiomas ou equivalente. 
  • Carta de solicitude, na que se debe indicar a motivación para facer este mestrado.
  • Curriculum Vitae, con indicación dos coñecementos de idiomas e experiencia profesional en tradución, interpretación e/ou relacións comerciais dos solicitantes (non é un requisito de admisión, é para coñecervos mellor). 

Para máis información:
http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/alumnado/posgrao/matricula2013/index.html

 

 

GL
Skip to content