Calendario TFM 2026/2027

Acción
Convocatoria fin de mestrado (novembro 2026)
Primeira convocatoria (xuño 2027)
Segunda convocatoria (xullo 2027)
Data límite de entrega do TFM a través da aplicación TFM en SIGMA
venres 06 de novembro
venres 04 de xuño
venres 09 de xullo
Datas de defensa do Traballo de Fin de Mestrado (TFM)
mércores 11, xoves 12 e venres 13 de novembro
martes 15, mércores 16 e xoves 17 de xuño
martes 20, mércores 21 e xoves 22 de xullo
Remate de peche de actas
venres 20 de novembro
venres 02 de xullo
venres 30 de xullo

A persoa titora precisa dun tempo prudencial para poder dar o visto e prace definitivo ao depósito do TFM. A seguir, podes atopar unha «proposta» de cronograma, con datas aproximadas, para que poidas empregar nas túas sesións de traballo de TFM. Podes acordar outros ritmos, pero o importante é a última data do 15/05 para a primeira convocatoria e o 15/06 para a segunda.

Descarga o seguinte Word (documento trilingüe GL-ES-EN): Cronograma_sesions_titorias-MTCI

Condición IMPRESCINDIBLE para matricularse:

Para poder matricularte no Traballo de Fin de Mestrado (TFM) debes estar matriculado/a e ter aprobado todas as materias requiridas para finalizar o plano de estudos. 

Descarga aquí a guía de defensa do TFM en SIGMA para a persoa titora. 

Cubrir o seguinte formulario: https://forms.gle/km9cwTACGcWDp2fUA 

Mandar correo electrónico cos datos da defensa a: posgraoxsh1@uvigo.gal 

Cubrir a rúbrica de avaliación (anexo II) e subila a SIGMA

Procedemento de asignación, matrícula e elaboración (PAME) do TFM

Cando realizar o depósito?

Na mesma convocatoria na que vaias defender o teu TFM, dentro do prazo establecido pola Comisión Académica do Mestrado (CAM).

IMPORTANTE: No caso de non ter realizado ningún depósito en ningunha das convocatorias dun mesmo curso, o/a estudante deberá matricularse de novo.

Precisas axuda? Documentación útil
  • Guía de elaboración e cualificación do TFM (anexo I). Guía de consellos e suxestións para a defensa do TFM que se facía antes do curso 2021-2022 ante un tribunal colexiado, seguen sendo moi válidos a maioría dos puntos.
  • Consellos e suxestións para a defensa dos TFM
  • Modelo de portada do TFM 
  • Modelo de PPT para a defensa do TFM
TFM defendidos en cursos anteriores

Consulta os listados de TFM presentados e defendidos ata hoxe:

Sabías que...

O MTCI é o primeiro e único mestrado da Universidade de Vigo en colaborar coa Terminology Coordination Unit, da Directorate-General for Translation do Parlamento Europeo?

Os TFM sobre terminoloxía elaborados polo noso alumnado atópanse dentro do marco de proxectos universitarios IATE (Interactive Terminology for Europe), a base de datos terminolóxicos para todas as institucións da Unión Europea.

No curso 2017-18 empezouse a elaborar, na Unidade de Coordinación Terminolóxica da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea, un TFM do MTCI baixo o Proxecto IATE titulado European Arrest Warrant e dirixido pola profesora Maribel Del Pozo Triviño.

Análisis de la terminología sobre la Orden de Detención y Entrega (inglés-español) é o título do TFM do MTCI presentado en xullo de 2018 pola alumna Lía García Vila.