Calendario de preinscrición e matrícula 2026/27
1.º prazo de preinscrición: do 22 de xuño ao 6 de xullo de 2026
1.º prazo de matrícula: do 23 ao 27 de xullo de 2026
_________
2.º prazo de preinscrición: do 20 ao 25 de agosto de 2026
2.º prazo de matrícula: do 10 ao 14 de setembro de 2026
Preme aquí para ver as materias de cada módulo:
- Módulo A: cursar as 4 materias obrigatorias (24 créditos ECTS)
- Módulos B1 y B2: Escoller un mínimo de 5 materias de calquera dos dous módulos. Recoméndase seleccionar as materias dun mesmo bloque. No caso de combinar materias de ambos os bloques, deberá comprobarse no apartado «Cronograma» que non exista coincidencia nos días de docencia das materias elixidas.
- Módulo C (TFM): 6 créditos
Preme aquí para ver as materias de cada módulo.
Durante un máximo de dous anos.
Á Secretaría de Alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo.
Correo electrónico: posgraoxsh1@uvigo.es / Teléfonos: 986 130 220 / 986 130 221
Un mínimo de 18 ECTS e un máximo de 47 ECTS.
No momento de matricularte, cubrindo o Anexo IV de solicitude de matrícula a tempo parcial.
Todo o que precisas saber sobre a documentación e as condicións para poder matricularte (calendario, convocatorias, formularios, prezos, axudas e exencións) podes atopalo na Web da Universidade de Vigo.
- Posuír un título universitario oficial español
- Posuír un título universitario oficial expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior.
- Licenciaturas ou graos en Tradución e Interpretación.
- Licenciaturas ou graos en Linguas Estranxeiras, Ciencias da Linguaxe ou calquera Filoloxía.
- Licenciaturas ou graos en Antropoloxía Social e Cultural, Belas Artes, Ciencias da Información, Ciencias do Traballo, Ciencias Políticas e da Administración, Ciencias Políticas e Socioloxía, Comunicación Audiovisual, Dereito, Documentación, Economía, Estudos de Asia Oriental, Periodismo, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Publicidade e Relacións Públicas, Humanidades, Turismo, Administración e Dirección de Empresas, Filosofía, Historia, Xeografía, Socioloxía, Historia da Arte, Xestión e Administración Pública, Relacións Laborais, Traballo Social, Ciencias Empresariais.
Se é o teu caso, debes saber que:
- Non precisas homologalo
- A universidade comprobará previamente:
– que estes títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos seus correspondentes títulos españois
– que, no país expedidor, estes títulos autorizan o acceso a posgraos.
Ten en conta que a Comisión Académica do Mestrado (CAM) poderá:
- esixir que acredites ou xustifiques os teus coñecementos básicos en estudos de Tradución
- comprobar, en calquera momento, as túas competencias lingüísticas reais na lingua estranxeira mediante unha entrevista persoal por videoconferencia. No caso do alumnado estranxeiro, avaliaranse as súas competencias en lingua española.
