Calendario TFM 2024/25
Acción | Convocatoria adiantada (novembro 2024) | Primeira convocatoria (xuño 2025) | Segunda convocatoria (xullo 2025) |
---|---|---|---|
Data límite de entrega do TFM a través da aplicación TFM en SIGMA | Xoves 31 de outubro
| Luns 2 de xuño | Mércores 2 de xullo
|
Data límite para que as persoas titoras emitan o informe de conformidade (ver en Moovi, no apartado Reservado ao profesorado o documento Breve guía para o profesorado TFM)
| Luns 4 de novembro
| Venres 13 de xuño
| Venres 11 de xullo
|
Datas de defensa do Traballo de Fin de Mestrado (TFM)
| mércores 13, xoves 14 e venres 15 de novembro
| Mércores 18, xoves 19 e venres 20 de xuño | Mércores 16, xoves 17 e venres 18 de xullo
|
Remate de peche de actas
| Luns 25 de novembro
| Venres 4 de xullo
| Venres 25 de xullo
|
A persoa titora precisa dun tempo prudencial para poder dar o visto e prace definitivo ao depósito do TFM. A seguir, podes atopar unha «proposta» de cronograma, con datas aproximadas, para que poidas empregar nas túas sesións de traballo de TFM. Podes acordar outros ritmos, pero o importante é a última data do 15/05 para a primeira convocatoria e o 15/06 para a segunda.
Descarga o seguinte Word (documento trilingüe GL-ES-EN): Cronograma_sesions_titorias-MTCI
Para poder matricularte no Traballo de Fin de Mestrado (TFM) debes estar matriculado/a e ter aprobado todas as materias requiridas para finalizar o plano de estudos.
Na mesma convocatoria na que vaias defender o teu TFM, dentro do prazo establecido pola Comisión Académica do Mestrado (CAM).
IMPORTANTE: No caso de non ter realizado ningún depósito en ningunha das convocatorias dun mesmo curso, o/a estudante deberá matricularse de novo.
A seguir, atoparás os pasos para depositar correctamente o teu TFM.
1.- Comproba que superaches todas as materias.
2.- Comproba as datas de depósito no calendario oficial dos TFM para o curso actual (consultar máis arriba).
3.- Deposita o teu TFM_versión final na carpeta habilitada no espazo Moovi para pasar o programa antiplaxio Turnitin.
4.- Cando contes coa autorización da persoa titora, canda o informe Turnitin, poderás solicitar a defensa do TFM na plataforma SIGMA da túa secretaría virtual.
5.- Acorda coa persoa titora unha data de defensa pública do TFM
- Guía de elaboración e cualificación do TFM (Velaquí os Criterios de elaboración e cualificación do TFM_(Versión 2016-2017). Guía de consellos e suxestións para a defensa do TFM que se facía antes do curso 2021-2022 ante un tribunal colexiado, seguen sendo moi válidos a maioría dos puntos. Velaquí os Consellos e suxestións para a defensa dos TFM
- Modelo de portada do TFM Formulario_TFM01
Aínda que o TFM é un labor persoal, si poden intervir outras persoas co obxectivo de presentar un traballo de maior envergadura. De ser o caso, é importante saber que:
• Cada integrante debe desenvolver unha tarea diferente dentro do conxunto global.
• A Comisión Académica do Mestrado (CAM) deberá autorizar esta modalidade.
• O alumnado dun mesmo traballo compartirá titor/a e posiblemente tribunal de avaliación.
• A presentación, defensa e avaliación serán individuais.
Descarga aquí a Guía para profesorado. Pasos para un correcto depósito do TFM (documento trilingüe GL-ES-EN)
Descarga aquí a guía de defensa do TFM en SIGMA para a persoa titora.
- Con suficiente antelación, cubrir e asinar o Formulario_TFM03-04 coa data, hora e lugar da defensa pública. Depositalo no espazo habilitado no Moovi titulado Formulario_TFM_03-_4 e envialo tamén a posgraoxsh1@uvigo.gal IMPORTANTE: Nomear o arquivo cos dous apelidos da persoa titora.
- Cubrir o Formulario de Google que se atopa no Moovi baixo o título de Formulario do Acto de Defensa do TFM.
Cubrir e asinar os seguintes formularios:
- A Acta de Cualificación do Traballo Fin de Máster (Formulario_TFM05)
- O Informe Complementario á Acta de Cualificación do TFM (Formulario_TFM06)
Envialos por correo electrónico á seguinte dirección: posgraoxsh1@uvigo.gal e depositalo no espazo habilitado en Moovi titulado Acta Cualificación + informe complementario. IMPORTANTE: nomear os arquivos cos dous apelidos da persoa titora.
Consulta os listados de TFM presentados e defendidos ata hoxe:
- Curso académico 2018-2019_PDF_Listado_TFM_2018-2019
- Curso académico 2017-2018_PDF_Listado_TFM_2017-2018
- Curso académico 2016-2017_PDF_Listado_TFM_2016-2017
- Curso académico 2015-2016_PDF_Listado_TFM_2015-2016
- Curso académico 2014-2015_PDF_Listado_TFM_2014-2015
- Curso académico 2013-2014_PDF_Listado_TFM_2013-2014
Consulta as datas, horas e lugares das defensas públicas dos TFM en cursos anteriores, así como a súa autoría, facendo clic en cada enlace:
- Datos das defensas públicas dos TFM do Curso 2023-2024
- Datos das defensas públicas dos TFM do Curso 2020-2021 (desde febreiro de 2021)
- Datos das defensas públicas dos TFM do Curso 2020-2021 (ata febreiro de 2021)
- Datos das defensas públicas dos TFM do Curso 2019-2020
- Datos das defensas públicas dos TFM do Curso 2018-2019
- Datos das defensas públicas dos TFM do Curso 2017-2018
- Datos das defensas públicas dos TFM do Curso 2016-2017
O MTCI é o primeiro e único mestrado da Universidade de Vigo en colaborar coa Terminology Coordination Unit, da Directorate-General for Translation do Parlamento Europeo?
Os TFM sobre terminoloxía elaborados polo noso alumnado atópanse dentro do marco de proxectos universitarios IATE (Interactive Terminology for Europe), a base de datos terminolóxicos para todas as institucións da Unión Europea.
No curso 2017-18 empezouse a elaborar, na Unidade de Coordinación Terminolóxica da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea, un TFM do MTCI baixo o Proxecto IATE titulado European Arrest Warrant e dirixido pola profesora Maribel Del Pozo Triviño.
Análisis de la terminología sobre la Orden de Detención y Entrega (inglés-español) é o título do TFM do MTCI presentado en xullo de 2018 pola alumna Lía García Vila.