Charlas informativas sobre programas de mobilidade internacional para estudantes, curso 2020-21

Coa publicación das convocatorias de mobilidade de estudiantes para o curso 2020-21, a Oficina de Relacións Internacionais convoca ao estudantado interesada ás charlas de información organizadas nos tres campus:

  • Campus de Vigo:

Ás 13:00 horas do 2 de decembro no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución

Ás 13:00 horas do 3 de decembro no salón de actos da EU de Estudos Empresariais

  • Campus de Pontevedra:

Ás 13:00 horas do 9 de decembro no salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal.

  • Campus de Ourense

Ás 13 horas do 10 de decembro no salón da Aula Magna Facultade de Dereito.

Related post

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Read more
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Read more