TFM

CURSO 2022-2023

Calendario oficial dos TFM no curso 2022-2023

De modo previo á primeira data indicada, as persoas que titorizan TFM deberán cubrir o preceptivo informe na Secretaría Virtual. Unha vez cuberto, o alumnado deberá solicitar a defensa a través da Secretaría Virtual. Estes dous trámites son obrigatorios para poder presentar o TFM.

Definición do TFM

O Traballo de Fin de Mestrado (TFM) forma parte como módulo, materia ou disciplina, do plan de estudos de todo título oficial de mestrado. O traballo de fin de mestrado é un traballo persoal e orixinal tanto no título como nos contidos, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociados ao título. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación nesta ou noutra universidade, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos nas actividades doutras materias da titulación.

O feito de que o TFM sexa un labor persoal non exclúe que, para desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes, cada quen cunha parcela precisa da tarefa global. Esta modalidade será autorizada pola Comisión Académica do Mestrado (CAM). Neste caso, o alumnado implicado nun mesmo traballo, compartirá titor/a e poderá ter o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación, defensa e avaliación serán individuais.

A CAM do Mestrado en Tradución para a comunicación internacional (MTCI) pon a disposición do seu alumnado dúas breves guías e o modelo de portada do TFM:

Matrícula, depósito, presentación e defensa do TFM

Para poder matricularse no Traballo de Fin de Mestrado (TFM) será requisito imprescindible ter matriculadas e aprobadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos.

A matrícula do TFM realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de mestrado e seguindo os pasos marcados no Manual de Xestión de Actas Individuais, sen esquecer cubrir o Anexo_V no caso de presentar o TFM con outra materia máis na convocatoria adiantada.

Para poder realizar o depósito do TFM previo á súa defensa é preciso estar correctamente matriculado/a e contar co Informe Favorable da persoa ou persoas que titoricen o TFM cubrindo o que sería o Formulario_TFM02 na Secretaría Virtual da UVigo.

O alumnado deberá realizar o depósito na convocatoria na que vaia a efectuar a defensa e sempre dentro das datas establecidas para o efecto, que serán fixadas pola Comisión Académica (CAM) do Mestrado. Transcorridas todas as convocatorias dun mesmo curso sen que se levara a cabo o depósito, o/a estudante deberá volver matricularse.

Para facer o depósito centralizado na FFT deben realizarse dous trámites:

  1. Presentación da solicitude de depósito e defensa na Secretaría de alumnado da FFT (área de posgrao), segundo modelo normalizado.
  2. Depósito dunha copia electrónica do TFM na Secretaría de Alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo (UVIGO) a través do envío electrónico a posgraoxsh1@uvigo.es. Será un documento único en formato PDF estándar no que se incluirá o traballo xunto cos anexos. No asunto da mensaxe debe figurar TFM, a sigla do noso máster (MTCI) e mais os apelidos do/a estudante. Exemplo: TFM MTCI Pérez Pérez.

Os dous trámites deberán realizarse respectando a data límite fixada para cada convocatoria. Quen efectúe algún dos dous trámites pasada dita data, non poderá realizar a defensa ata a seguinte convocatoria, se así procede.

Dende o curso 2021-2022, cada TFM presentarase e defenderase polo seu autor ou autora perante un tribunal de avaliación unipersoal formado polo/a titor/a do TFM que será quen o avaliará e cualificará cubrindo e firmando debidamente os seguintes tres formularios que serán arquivados na Secretaria de Asuntos Xerais da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo (UVIGO) a través do envío electrónico a sdfft@uvigo.es a onde o/a titor/a non deberá esquecer de enviar tamén, con antelación suficiente, a data, hora e lugar de celebración da defensa pública cubrindo e firmando debidamente o Formulario_TFM03-04:

A defensa do traballo de fin de mestrado realizada polos/as estudantes deberá ser sempre pública e poderá seguir sendo presencial. Porén, dado o carácter semipresencial da titulación, a CAM do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) autoriza a defensa a distancia de xeito virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas e administrativas que permitan a súa viabilidade. Para o correcto desenvolvemento da defensa telemática do TFM, léase o documento titulado Recomendacións para a defensa telemática do TFM no MTCI elaborado pola Coordinación do MTCI

Títulos, autores/as e directores/as dos TFM defendidos en cursos anteriores

O alumnado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) pode consultar de seguido os listados dos TFM presentados e defendidos ata hoxe nos PDF enlazados

Datos das defensas públicas dos TFM en cursos anteriores

O alumnado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) pode consultar de seguido as datas, horas e lugares das defensas públicas dos TFM de cursos anteriores, así como os nomes e apelidos dos/as autores/as dos TFM presentados e defendidos ante os tribunais correspondentes ata hoxe, premendo en cada enlace

 

Os TFM do MTCI na UE

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) é o primeiro e o único mestrado da Universidade de Vigo en colaborar coa Terminology Coordination Unit da Directorate-General for Translation do European Parliament, presentando os TFM sobre terminoloxía elaborados polo alumnado do noso mestrado no marco dos proxectos universitarios IATE (Interactive Terminology for Europe). IATE é a base de datos terminolóxicos para todas as institucións da UE.

No curso 2017-2018 empezouse a elaborar na Unidade de Coordinación Terminolóxica da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea un TFM do MTCI baixo o Proxecto IATE titulado European Arrest Warrant e dirixido pola profesora Maribel Del Pozo Triviño

  • Análisis de la terminología sobre la Orden de Detención y Entrega (inglés-español) é o título final do TFM do MTCI presentado en xullo de 2018 pola alumna Lía García Vila e dirixido pola profesora Maribel del Pozo Triviño. E así foi presentado, textualmente e en inglés, na propia Web Terminology Coordination da DG TRAD:
    «TermCoord is happy to announce that the terminology project with the University of Vigo (Galicia, Spain) is now available online for you to view on our website.
    The Master’s thesis, by the University of Vigo graduate Lía García Vila, provides an analysis of the terminology present in the Council Framework Decision of 13 June 2002 on the European Arrest Warrant and the surrender procedures between Member States (2002/584/JHA). Furthermore, it provides the transfer of the original text to the target text in Spanish, the Decisión Marco del Consejo de 13 de junio de 2002 relativa a la Orden de detención europea y a los procedimientos de entrega entre Estados miembros (2002/584/JHA). The analysis is focused on two specific groups of terms: the offences referred to and the participants of the process. This thesis aims to find out which terms are registered in IATE database, which ones should be added and whether some information is missing.
    Click here to read the thesis in full.»

Na formación que se imparte no MTCI o alumnado aprende a usar debida e adecuadamente nos seus TFM as principais ferramentas da Unidade de Coordinación Terminolóxica que a Dirección Xeral de Tradución do Parlamento Europeo pon en liña a súa disposición.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

ES
Ir al contenido