De modo previo á primeira data indicada, as persoas que titorizan TFM deberán cubrir o preceptivo informe na Secretaría Virtual. Unha vez cuberto, o alumnado deberá solicitar a defensa a través da Secretaría Virtual. Estes dous trámites son obrigatorios para poder presentar o TFM.
O Traballo de Fin de Mestrado (TFM) forma parte como módulo, materia ou disciplina, do plan de estudos de todo título oficial de mestrado. O traballo de fin de mestrado é un traballo persoal e orixinal tanto no título como nos contidos, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociados ao título. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación nesta ou noutra universidade, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos nas actividades doutras materias da titulación.
O feito de que o TFM sexa un labor persoal non exclúe que, para desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes, cada quen cunha parcela precisa da tarefa global. Esta modalidade será autorizada pola Comisión Académica do Mestrado (CAM). Neste caso, o alumnado implicado nun mesmo traballo, compartirá titor/a e poderá ter o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación, defensa e avaliación serán individuais.
A CAM do Mestrado en Tradución para a comunicación internacional (MTCI) pon a disposición do seu alumnado dúas breves guías e o modelo de portada do TFM:
Para poder matricularse no Traballo de Fin de Mestrado (TFM) será requisito imprescindible ter matriculadas e aprobadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos.
A matrícula do TFM realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de mestrado e seguindo os pasos marcados no Manual de Xestión de Actas Individuais, sen esquecer cubrir o Anexo_V no caso de presentar o TFM con outra materia máis na convocatoria adiantada.
Para poder realizar o depósito do TFM previo á súa defensa é preciso estar correctamente matriculado/a e contar co Informe Favorable da persoa ou persoas que titoricen o TFM cubrindo o que sería o Formulario_TFM02 na Secretaría Virtual da UVigo.
O alumnado deberá realizar o depósito na convocatoria na que vaia a efectuar a defensa e sempre dentro das datas establecidas para o efecto, que serán fixadas pola Comisión Académica (CAM) do Mestrado. Transcorridas todas as convocatorias dun mesmo curso sen que se levara a cabo o depósito, o/a estudante deberá volver matricularse.
Para facer o depósito centralizado na FFT deben realizarse dous trámites:
Os dous trámites deberán realizarse respectando a data límite fixada para cada convocatoria. Quen efectúe algún dos dous trámites pasada dita data, non poderá realizar a defensa ata a seguinte convocatoria, se así procede.
Dende o curso 2021-2022, cada TFM presentarase e defenderase polo seu autor ou autora perante un tribunal de avaliación unipersoal formado polo/a titor/a do TFM que será quen o avaliará e cualificará cubrindo e firmando debidamente os seguintes tres formularios que serán arquivados na Secretaria de Asuntos Xerais da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo (UVIGO) a través do envío electrónico a sdfft@uvigo.es a onde o/a titor/a non deberá esquecer de enviar tamén, con antelación suficiente, a data, hora e lugar de celebración da defensa pública cubrindo e firmando debidamente o Formulario_TFM03-04:
A defensa do traballo de fin de mestrado realizada polos/as estudantes deberá ser sempre pública e poderá seguir sendo presencial. Porén, dado o carácter semipresencial da titulación, a CAM do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) autoriza a defensa a distancia de xeito virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas e administrativas que permitan a súa viabilidade. Para o correcto desenvolvemento da defensa telemática do TFM, léase o documento titulado Recomendacións para a defensa telemática do TFM no MTCI elaborado pola Coordinación do MTCI
O alumnado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) pode consultar de seguido os listados dos TFM presentados e defendidos ata hoxe nos PDF enlazados
O alumnado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) pode consultar de seguido as datas, horas e lugares das defensas públicas dos TFM de cursos anteriores, así como os nomes e apelidos dos/as autores/as dos TFM presentados e defendidos ante os tribunais correspondentes ata hoxe, premendo en cada enlace
O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) é o primeiro e o único mestrado da Universidade de Vigo en colaborar coa Terminology Coordination Unit da Directorate-General for Translation do European Parliament, presentando os TFM sobre terminoloxía elaborados polo alumnado do noso mestrado no marco dos proxectos universitarios IATE (Interactive Terminology for Europe). IATE é a base de datos terminolóxicos para todas as institucións da UE.
No curso 2017-2018 empezouse a elaborar na Unidade de Coordinación Terminolóxica da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea un TFM do MTCI baixo o Proxecto IATE titulado European Arrest Warrant e dirixido pola profesora Maribel Del Pozo Triviño
Na formación que se imparte no MTCI o alumnado aprende a usar debida e adecuadamente nos seus TFM as principais ferramentas da Unidade de Coordinación Terminolóxica que a Dirección Xeral de Tradución do Parlamento Europeo pon en liña a súa disposición.
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]