Conferencia do docente do MTCI Xoán Garrido: «Historia da percepción de “Se isto é un home” a través das traducións»

Hoxe, 6 de febreiro, ás 12 horas terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela a conferencia titulada «Historia da percepción de Se isto é un home a través das traducións» a cargo do noso colega e profesor Xoán Manuel Garrido Vilariño.

Xoán Manuel Garrido Vilariño é Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese (2004) «Traducir a Literatura do Holocausto: Tradución/Paratraducción de Se questo è un uomo de Primo Levi». Profesor Asociado no Grao en Tradución e Interpretación da Universidade Vigo, na combinación lingüística francés-galego-francés.

É o autor da tradución ao galego de Se questo è un uomo de Primo Levi publicada en 2019 pola editorial Xerais co título Se isto é un home. 301 páxinas de redacción tradutora que resultan ser o froito de máis de 15 anos de traballo investigador e docente de quen se converteu non so nun dos maiores expertos internacionais sobre a tradución do Holocausto, senón tamén comprometido cunha auténtica e pública pedagoxía da Memoria Histórica dos traumas colectivos e do Holocausto.

Máis información en: https://histagra.usc.es/gl/novas/1047/nueva-conferencia-de-pasados-incomodos-xoan-manuel-garrido-vilarino

Related post

Microcredencial: Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios

Temos o pracer de anunciar a posta en marcha da microcredencial Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios, unha formación inicial deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da Corea contemporánea. Esta proposta formativa está dirixida a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para realizar estudos ou estadías…

Read more
Do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional ao Parlamento Europeo: entrevista con Alba Rubio Alonso

Por que decidiches solicitar a bolsa Schuman do Parlamento Europeo e como te enteraches da convocatoria? Que esperabas aprender ou experimentar durante o teu período de prácticas? Dende a adolescencia, sempre sentín un especial interese polas culturas. Cando estudei o Grao en Linguas Estranxeiras e, posteriormente, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, sabía…

Read more
Aberta a inscrición na microcredencial «Tradución e dobraxe»

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo informa que puxo en marcha, a través do docente Xoán Montero, a microcredencial «Tradución e dobraxe», unha formación semipresencial de 3 ECTS pensada para iniciar o alumnado nas profesións de tradutor/a audiovisual e actor/actriz de dobraxe. Trátase dunha excelente oportunidade para achegarse ao…

Read more