O Máster en Tradución para a Comunicación Internacional participa na reunión de primavera da rede EMT en Varsovia

Os días 2 e 3 de xuño de 2025, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, representado polo profesor Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy, participou na reunión de primavera da rede EMT (European Master’s in Translation), que tivo lugar na Universidade de Varsovia, no Instituto de Lingüística Aplicada.
Esta xuntanza internacional, organizada pola Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea en colaboración co Instituto de Lingüística Aplicada da Universidade de Varsovia, reuniu a representantes de mestrados de excelencia en tradución de toda Europa, entre os cales se atopa o noso programa.
A primeira xornada, celebrada o 2 de xuño baixo o título Translating Poland, estivo dedicada á realidade da tradución en Polonia. Acolleu presentacións arredor da tradución audiovisual, a terminoloxía, a tradución clara e institucional, e tamén a tradución literaria, ofrecendo unha panorámica completa da investigación e a práctica profesional no país anfitrión. Alén diso, tivemos ocasión de coñecer máis sobre a cultura e a lingua polacas, grazas ás intervencións de académicos e profesionais do Instituto de Lingüística Aplicada.
A segunda xornada, o 3 de xuño, centrouse no papel das tecnoloxías e a formación en tradución. Abriuse cunha presentación das ferramentas de intelixencia artificial desenvolvidas pola DGT, incluíndo proxectos como o European Language Data Space. Posteriormente, abordáronse cuestións sobre os procedementos de selección de tradutores nas institucións europeas, e presentáronse os traballos dos Grupos de Traballo da EMT, dedicados a temas como tradución audiovisual, accesibilidade, cooperación co sector, formación, datos lingüísticos e terminoloxía.
Na sesión da tarde, destacaron dous obradoiros paralelos: un sobre proxectos terminolóxicos de colaboración entre universidades e a DGT (IATE), e outro sobre necesidades formativas mutuas entre o mundo académico e profesional. Tamén se reflexionou sobre a percepción social dos tradutores e intérpretes, sobre a integración crítica da IA na docencia e práctica da tradución, e sobre as actividades conxuntas da EMT e o grupo de expertos LIND, especialmente en visibilidade, formación de formadores e programas de prácticas.
Participar nesta xuntanza permitiunos coñecer boas prácticas, reforzar sinerxías entre programas europeos e contribuír activamente ao desenvolvemento dunha tradución de calidade, comprometida coa sociedade e coa innovación tecnolóxica.
Agradecemos á Universidade de Varsovia, e en particular ao Instituto de Lingüística Aplicada, a acollida e á rede EMT a oportunidade de formar parte desta comunidade de excelencia. Continuaremos traballando para integrar estes coñecementos e futuras melloras na formación do noso alumnado.

Related post

O Máster en Tradución para a Comunicación Internacional participa na reunión de primavera da rede EMT en Varsovia

Os días 2 e 3 de xuño de 2025, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, representado polo profesor Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy, participou na reunión de primavera da rede EMT (European Master’s in Translation), que tivo lugar na Universidade de Varsovia, no Instituto de Lingüística Aplicada.Esta xuntanza internacional, organizada…

Read more
A Universidade de Vigo reafirma o seu liderado na localización de videoxogos coa III Edición dos Premios ETIV

O Centro Comercial Vialia de Vigo converteuse este venres nun escaparate da innovación e excelencia na tradución de videoxogos coa celebración da III Edición dos Premios ETIV-UVIGO. O evento, organizado polo título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e tamén polo noso Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI),…

Read more
III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos. Este ano no CC Vialia

III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos – Unha cita ineludible   O vindeiro venres 30 de maio ás 19:00 h, o Centro Comercial Vialia de Vigo acollerá a III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á Localización de videoxogos, un evento no que o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) —Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e membro…

Read more