Presentación do curso 2024-2025

Co gallo do Día Internacional da Tradución, o pasado luns 30 de setembro tivo lugar, no Salón de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o acto de presentación do curso académico 2024-2025 no Máster en Tradución para a Communication (nternacional (MTCI)-Awarded with the recognition of excellence by the Xunta de Galicia and Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea.

A presentación correu a cargo de Óscar Ferreiro Vázquez, coordinador do Mestrado, José Yuste Frías, secretario do Mestrado, e Ramón Méndez González, docente do MTCI, así como dun bo número do alumnado desta promoción.

Entre as principais novidades deste ano están a dobre titulación coa Università degli Studi di Palermo, as bolsas Erasmus para estancias en Palermo e Xeorxia e a entrada do MTCI na lista de Mestrados Europeos en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea.

Por suposto, tamén están previstas diferentes conferencias e cursos de formación que contribuirán á formación do noso alumnado.

De seguro será un gran ano!


Related post

2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

Read more
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

Read more