Co gallo do Día Internacional da Tradución, o pasado luns 30 de setembro tivo lugar, no Salón de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o acto de presentación do curso académico 2024-2025 no Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI)-Máster Universitario Excelente de la Xunta de Galicia y Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea.
A presentación correu a cargo de Óscar Ferreiro Vázquez, coordinador do Mestrado, José Yuste Frías, secretario do Mestrado, e Ramón Méndez González, docente do MTCI, así como dun bo número do alumnado desta promoción.
Entre as principais novidades deste ano están a dobre titulación coa Università degli Studi di Palermo, as bolsas Erasmus para estancias en Palermo e Xeorxia e a entrada do MTCI na lista de Mestrados Europeos en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea.
Por suposto, tamén están previstas diferentes conferencias e cursos de formación que contribuirán á formación do noso alumnado.
De seguro será un gran ano!