Curso práctico: aspectos profesionais da Tradución & Interpretación
abril 05, 2016

CURSO PRÁCTICO: ASPECTOS PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Luns 11 de abril ás 16.00 horas:

·        Un mercado laboral contrarreloxo: se chegas tarde, non entras.

Relatora: Andrea Martínez Beiras. Tradutora por conta propia con máis de dez anos de experiencia.

·        E a empresa que di?

Relatora: Andrea Gutiérrez. Xestora de proxectos na axencia Agp Traducciones.

 

Martes 12 de abril ás 16.00 horas:

·       Unha base de datos (BD) dinámica para a xestión documental na investigación.

Relator: Óscar Ferreiro. Docente e investigador no departamento de Tradución e Lingüística da UVigo.

·       Comunicación internacional, administración e atención ao cliente.

Relatora: Marta Seoane Pernas. Tradutora e responsable de exportación dunha empresa conserveira galega.  

Lugar de celebración: Facultade de Filoloxía e Tradución.

Matrícula: https://bubela.uvigo.es/curso/2728

 

Taxas:

– Alumnado da UVigo: 20 euros.

– Alumnado alleo á Uvigo: 25 euros.

– *Alumnado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional: de balde.

– *Alumnado do Programa de doutoramento Tradución & Paratradución: de balde.

 

* Tanto o alumnado de Mestrado coma o do programa de doutoramento teñen que facer a inscrición en Bubela para poder asistir ao curso.

 

Mail da organización: oferreiro@uvigo.es / aluna@uvigo.es

 

Colaboran:

Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional.

Programa de doutoramento Tradución & Paratradución. 

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

ES
Ir al contenido