Conferencia Wordfast

Cumprindo co cronograma dos eventos científicos programados e as actividades extraacadémicas previstas en cada curso académico, dende o Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI)-Máster Universitario Excelente de la Xunta de Galicia y Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea– comprácenos anunciar a conferencia titulada Traducción: un arte siempre dando un paso adelante, impartida por Philippe Locquet, responsable do programa académico de Wordfast.

Terá lugar o xoves 21 de novembro en horario de 16.00 h a 17.15 h na aula C1 da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo. 

Abordarase un amplo abano de temas de interese, como os cimentos da tradución (tomando como exemplo Rosetta), as diferentes tecnoloxías empregadas en tradución, o funcionamento das ferramentas TAO (fundamentos e demostración), o Large Language Model (LLM), así como novas perspectivas de futuro e, por suposto, unha ronda de preguntas onde o alumnado poderá compartir as súas impresións, dúbidas ou curiosidades. 

Esta actividade vai dirixida ao estudantado do MTCI e do Programa Internacional de Doutoramento en Tradución & Paratradución (T&P). A inscrición previa é obrigatoria. Escanea o código QR do cartel o preme aquí

Ademais, o alumnado que participe terá acceso gratuíto limitado á versión básica de Wordfast e un prezo reducido (90 €) na versión de pago o primeiro ano.

 

Picture of Philippe Locquet

Philippe Locquet

Philippe Locquet xestiona o popular Programa Académico de Wordfast, que axuda a miles de estudantes e profesores de todo o mundo. Locquet ofrece recursos (activos lingüísticos de calidade para CAT ou MT/LLM), apoio e formación, e comparte coñecemento no seu canal de YouTube Translators Tech Corner.

Artículos relacionados

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Leer más
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Leer más