Conferencia Wordfast

Cumprindo co cronograma dos eventos científicos programados e as actividades extraacadémicas previstas en cada curso académico, dende o Mestrado en Traduction pour la Communication Internationale (MTCI)-Master labellisé d’excellence par la Xunta de Galicia et Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea– comprácenos anunciar a conferencia titulada Traducción: un arte siempre dando un paso adelante, impartida por Philippe Locquet, responsable do programa académico de Wordfast.

Terá lugar o xoves 21 de novembro en horario de 16.00 h a 17.15 h na aula C1 da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo. 

Abordarase un amplo abano de temas de interese, como os cimentos da tradución (tomando como exemplo Rosetta), as diferentes tecnoloxías empregadas en tradución, o funcionamento das ferramentas TAO (fundamentos e demostración), o Large Language Model (LLM), así como novas perspectivas de futuro e, por suposto, unha ronda de preguntas onde o alumnado poderá compartir as súas impresións, dúbidas ou curiosidades. 

Esta actividade vai dirixida ao estudantado do MTCI e do Programa Internacional de Doutoramento en Tradución & Paratradución (T&P). A inscrición previa é obrigatoria. Escanea o código QR do cartel o preme ici

Ademais, o alumnado que participe terá acceso gratuíto limitado á versión básica de Wordfast e un prezo reducido (90 €) na versión de pago o primeiro ano.

 

Picture of Philippe Locquet

Philippe Locquet

Philippe Locquet xestiona o popular Programa Académico de Wordfast, que axuda a miles de estudantes e profesores de todo o mundo. Locquet ofrece recursos (activos lingüísticos de calidade para CAT ou MT/LLM), apoio e formación, e comparte coñecemento no seu canal de YouTube Translators Tech Corner.

Article similaire

O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas de balde no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027

Todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde nun programa de actividades extraacadémicas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027. Esta oferta é posible grazas á mención de excelencia da Xunta de Galicia, concedida ao MTCI por segundo quinquenio consecutivo.…

En savoir plus
2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

En savoir plus
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

En savoir plus