Dende a Coordinación do Mestrado en Traduction pour la Communication Internationale (MTCI) 一Master labellisé d’excellence par la Xunta de Galicia et Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea一 comprácenos anunciar que, dado o interese que suscitou a proposta no noso alumnado, este ano 2024-25 ofertaremos un curso de transcreación.
Como veremos no curso, a transcreación é un servizo de tradución creativa que se emprega, principalmente, para a tradución publicitaria. Busca adaptar ao mercado local determinados textos publicitarios (como eslóganes, taglines, anuncios etc.) e inclúe unha backtranslation (retrotraducción) da proposta de tradución e un apartado de rationale ou comments (argumentación), onde os tradutores deben engadir unha explicación que xustifique as propostas de tradución.
Leticia Robles Soneira
Leticia Robles Soneira licenciouse en Tradución e Interpretación pola UVigo no 2013. Foi alumna do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) durante o curso pasado 2023-2024 e durante este curso 2024-2025 está a iniciar os estudos de tercer ciclo no Programa de Doutoramento Internacional en Tradución & Paratradución (T&P).
Dende hai máis de 11 anos adícase, coa súa empresa Oui Translations, ás especialidades que máis lle gustan: transcreación, tradución creativa, localización e LQA. Traballa con moitas das principais empresas dos sectores da moda, beleza, luxo, turismo, industria F&B e novas tecnoloxías, entre outros. Neste curso, ensinaranos en que consiste a transcreación, como preparar unha proposta de transcreación, exemplos prácticos de traballo e perspectivas laborais no sector.