Curso de transcreación

Dende a Coordinación do Mestrado en Translation for International Communication (nternacional (MTCI) Awarded with the recognition of excellence by the Xunta de Galicia and Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea一 comprácenos anunciar que, dado o interese que suscitou a proposta no noso alumnado, este ano 2024-25 ofertaremos un curso de transcreación. 

Como veremos no curso, a transcreación é un servizo de tradución creativa que se emprega, principalmente, para a tradución publicitaria. Busca adaptar ao mercado local determinados textos publicitarios (como eslóganes, taglines, anuncios etc.) e inclúe unha backtranslation (retrotraducción) da proposta de tradución e un apartado de rationale ou comments (argumentación), onde os tradutores deben engadir unha explicación que xustifique as propostas de tradución.

 
Picture of Leticia Robles Soneira

Leticia Robles Soneira

Leticia Robles Soneira licenciouse en Tradución e Interpretación pola UVigo no 2013. Foi alumna do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) durante o curso pasado 2023-2024 e durante este curso 2024-2025 está a iniciar os estudos de tercer ciclo no Programa de Doutoramento Internacional en Tradución & Paratradución (T&P).
Dende hai máis de 11 anos adícase, coa súa empresa Oui Translations, ás especialidades que máis lle gustan: transcreación, tradución creativa, localización e LQA. Traballa con moitas das principais empresas dos sectores da moda, beleza, luxo, turismo, industria F&B e novas tecnoloxías, entre outros. Neste curso, ensinaranos en que consiste a transcreación, como preparar unha proposta de transcreación, exemplos prácticos de traballo e perspectivas laborais no sector.

Resultados da enquisa de satisfacción da 2.ª edición (2025)

Related post

2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

Read more
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

Read more