Dende a Coordinación do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) 一Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea一 comprácenos anunciar que, dado o interese que suscitou a proposta no noso alumnado, este ano 2024-25 ofertaremos un curso de transcreación.
Como veremos no curso, a transcreación é un servizo de tradución creativa que se emprega, principalmente, para a tradución publicitaria. Busca adaptar ao mercado local determinados textos publicitarios (como eslóganes, taglines, anuncios etc.) e inclúe unha backtranslation (retrotraducción) da proposta de tradución e un apartado de rationale ou comments (argumentación), onde os tradutores deben engadir unha explicación que xustifique as propostas de tradución.
Leticia Robles Soneira
Leticia Robles Soneira licenciouse en Tradución e Interpretación pola UVigo no 2013. Foi alumna do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) durante o curso pasado 2023-2024 e durante este curso 2024-2025 está a iniciar os estudos de tercer ciclo no Programa de Doutoramento Internacional en Tradución & Paratradución (T&P).
Dende hai máis de 11 anos adícase, coa súa empresa Oui Translations, ás especialidades que máis lle gustan: transcreación, tradución creativa, localización e LQA. Traballa con moitas das principais empresas dos sectores da moda, beleza, luxo, turismo, industria F&B e novas tecnoloxías, entre outros. Neste curso, ensinaranos en que consiste a transcreación, como preparar unha proposta de transcreación, exemplos prácticos de traballo e perspectivas laborais no sector.