Microcredencial: Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios

Temos o pracer de anunciar a posta en marcha da microcredencial Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios, unha formación inicial deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da Corea contemporánea.

Esta proposta formativa está dirixida a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para realizar estudos ou estadías académicas no país, así como a quen traballe directamente con empresas coreanas e precise comprender mellor o seu contexto sociocultural e profesional.

A microcredencial destaca polo seu enfoque intercultural aplicado, que combina análise académica cunha comprensión práctica dos marcos sociais, culturais, lingüísticos e comunicativos que estruturan a vida cotiá e o eido universitario en Corea do Sur, así como os contextos laborais e empresariais. Trátase dunha formación orientada a proporcionar ferramentas reais para unha interacción eficaz nun contorno cultural diferente.

Obxectivos

A formación ten como finalidade:

  • Desenvolver competencias interculturais aplicadas ao contexto coreano.
  • Mellorar as habilidades lingüísticas e comunicativas.
  • Capacitar a persoas profesionais hispanofalantes e galegofalantes para interactuar con eficacia con empresas e institucións de Corea do Sur.
  • Comprender os códigos culturais, lingüísticos e estratéxicos propios do contorno empresarial coreano.

Calendario

Preinscrición: do 03/03/2026 ao 13/03/2026
Matrícula: do 09/03/2026 ao 14/03/2026
Docencia: do 17/03/2026 ao 23/04/2026

Modalidade e características

  • 3 créditos ECTS
  • Docencia maioritariamente en modalidade virtual
  • 8 horas en modalidade presencial
  • Número de prazas: mínimo 10 e máximo 25

Prezos

  • Público en xeral: 282 €
  • Alumni UVigo: 253,8 €
  • Comunidade UVigo: 239,7 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 84,60 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

Esta microcredencial constitúe unha oportunidade para adquirir unha preparación sólida e contextualizada sobre Corea do Sur nun momento de crecente relevancia das relacións académicas e empresariais co país. As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a preinscrición dentro do prazo establecido.

Máis información e inscrición aquí.

Artigos relacionados

2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

Ler Máis
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

Ler Máis