Curso de transcreación

Dende a Coordinación do Mestrado en Tradução para a Comunicação Internacional (MTCI) Mestrado Universitário com Excelência da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea一 comprácenos anunciar que, dado o interese que suscitou a proposta no noso alumnado, este ano 2024-25 ofertaremos un curso de transcreación. 

Como veremos no curso, a transcreación é un servizo de tradución creativa que se emprega, principalmente, para a tradución publicitaria. Busca adaptar ao mercado local determinados textos publicitarios (como eslóganes, taglines, anuncios etc.) e inclúe unha backtranslation (retrotraducción) da proposta de tradución e un apartado de rationale ou comments (argumentación), onde os tradutores deben engadir unha explicación que xustifique as propostas de tradución.

 
Picture of Leticia Robles Soneira

Leticia Robles Soneira

Leticia Robles Soneira licenciouse en Tradución e Interpretación pola UVigo no 2013. Foi alumna do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) durante o curso pasado 2023-2024 e durante este curso 2024-2025 está a iniciar os estudos de tercer ciclo no Programa de Doutoramento Internacional en Tradución & Paratradución (T&P).
Dende hai máis de 11 anos adícase, coa súa empresa Oui Translations, ás especialidades que máis lle gustan: transcreación, tradución creativa, localización e LQA. Traballa con moitas das principais empresas dos sectores da moda, beleza, luxo, turismo, industria F&B e novas tecnoloxías, entre outros. Neste curso, ensinaranos en que consiste a transcreación, como preparar unha proposta de transcreación, exemplos prácticos de traballo e perspectivas laborais no sector.

Publicações relacionada

Volve a mentoría personalizada do MTCI

Un ano máis, dende a coordinación do Mestrado Universitario en Traducción para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo, temos o pracer de anunciar unha nova edición do noso programa de mentoría con profesionais, que se porá en marcha a finais de abril de 2025, en modalidade virtual. Tras a excelente acollida da edición…

Ler mais
¡Vuelven los Premios ETIV-UVigo en su III Edición!

Nos complace anunciar que los Premios ETIV-UVigo regresan un año más para celebrar y reconocer la excelencia en la localización de videojuegos. Estos galardones, organizados por la Universidade de Vigo y el grupo de investigación TI4 Traducción & Paratraducción (T&P), forman parte de las actividades del Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria…

Ler mais