Cursos de formación previa

Cursos de formación previa de Memorias de Tradución: coñecementos básicos e Corrección lingüística e fundamentos da práctica tradutiva

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) 一Master labellisé d’excellence par la Xunta de Galicia et Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea一continúa a ofrecer formación especializada para o desenvolvemento profesional no eido da tradución. Neste mes de decembro, organizamos dúas sesións de interese para o estudantado do MTCI.

Estes cursos están abertos a todo o estudantado do MTCI, pero están especialmente recomendados para aqueles que non cursaron estudos de tradución previamente.

Memorias de tradución: coñecementos básicos

  • Impartido por: Ana Hermida, docente do MTCI
  • Data: 11 de decembro
  • Lugar: Aula Newton 17
  • Duración: 4 horas

Esta sesión está deseñada para introducir os principios básicos do uso de memorias de tradución. Analizaranse as principais funcionalidades, aplicacións e vantaxes no contexto profesional.

Corrección lingüística e fundamentos da práctica tradutiva

  • Impartido por: Patricia Buxán, docente do MTCI
  • Datas:
    • Sesión presencial: 16 de decembro (Aula Newton 17)
    • Sesión virtual: 18 de decembro
  • Duración:
    • 4 horas (presencial)
    • 2 horas (virtual)

Esta actividade ofrecerá un enfoque práctico sobre os principios da corrección lingüística e as bases do traballo tradutivo. A sesión presencial centrarase en casos prácticos, mentres que a virtual permitirá unha reflexión e reforzo dos conceptos abordados.

Article similaire

O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas de balde no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027

Todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde nun programa de actividades extraacadémicas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027. Esta oferta é posible grazas á mención de excelencia da Xunta de Galicia, concedida ao MTCI por segundo quinquenio consecutivo.…

En savoir plus
2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

En savoir plus
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

En savoir plus