A Universidade de Vigo reafirma o seu liderado na localización de videoxogos coa III Edición dos Premios ETIV

O Centro Comercial Vialia de Vigo converteuse este venres nun escaparate da innovación e excelencia na tradución de videoxogos coa celebración da III Edición dos Premios ETIV-UVIGO. O evento, organizado polo título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e tamén polo noso Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), contou cunha nutrida participación e recoñeceu os mellores traballos do sector a nivel internacional.

Como actividade previa á gala, tivo lugar un trivial interactivo que serviu de aperitivo para abrir a xornada. Participaron arredor de 100 persoas, que demostraron os seus coñecementos sobre videoxogos, tradución e cultura popular nun ambiente distendido e participativo.

A inauguración oficial correu a cargo dos organizadores do evento —Óscar Ferreiro, Ramón Méndez e Emmanuel Bourgoin—, quen puxeron en valor a importancia da profesionalización da localización e a visibilización do traballo que realizan os equipos de tradución e adaptación de videoxogos. Tamén trasladaron os saúdos do profesor José Yuste Frías, ausente por motivos profesionais.

O acto contou coa presenza destacada de autoridades institucionais como Lara Meneses, directora xeral de Xuventude na Consellería de Cultura da Xunta de Galicia; Maribel del Pozo, vicerreitora de Internacionalización da Universidade de Vigo; e Carlos López Font, concelleiro do Goberno do Concello de Vigo.

Durante a gala, o profesor e coorganizador Ramón Méndez salientou o labor formativo do título ETIV, que en xuño abrirá o prazo de inscrición para a súa oitava edición. A día de hoxe, máis de 150 profesionais formados neste programa traballan no sector da localización, tanto dentro como fóra de Galicia.

Cómpre lembrar que o ETIV naceu no seo do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), un máster universitario recoñecido pola Xunta de Galicia como máster excelente —único neste nivel dentro do ámbito das Humanidades e Ciencias Sociais— e membro da prestixiosa rede de mestrados europeos da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea, sendo o único máster galego e un dos oito pertencentes a universidades públicas españolas integrados nesta rede.

Os galardóns entregados nesta edición foron:

  • Mellor localización con dobraxe: Prince of Persia: The Lost Crown
  • Mellor localización sen dobraxe: Final Fantasy VII: Rebirth
  • Mellor localización indie: Death of the Reprobate
  • Mellor xogo en galego: Tintin Reporter: Os xarutos do faraón
  • Mellor xogo en éuscaro: Clothes Line
  • Mellor xogo en catalán: 3 Minutes to Midnight
  • Videoxogo máis accesible: Prince of Persia: The Lost Crown
  • Premio Manolo Ramos ao mellor traballo de investigación: José Ramón Calvo-Ferrer e Antonio Jesús Muñoz-Villena (Universitat d’Alacant)

Especial atención recibiron os premios ás linguas propias, que buscan reforzar a presenza do galego, éuscaro e catalán no universo videoxogador e que, segundo os organizadores, reflicten o compromiso coa diversidade lingüística e cultural.

O momento máis emotivo da tarde chegou coa entrega do Premio Manolo Ramos, que homenaxea a figura do vicerreitor da Universidade de Vigo e grande defensor da posta en marcha do ETIV. O profesor Óscar Ferreiro destacou o seu papel esencial neste proxecto pioneiro, así como o seu compromiso coa innovación educativa e coa profesionalización da tradución no ámbito da industria cultural.

A xornada rematou cunha mensaxe inspiradora que correu a cargo de Emmanuel Bourgoin: «Sigamos traducindo, sigamos xogando, sigamos creando cultura desde Galicia.»
Un chamamento a continuar construíndo unha industria de videoxogos máis ética, diversa e inclusiva, con raíces firmes na nosa terra.

Imaxes cedidas por Elena Valle García e Alba Calvo Porrúa.

IMPACTO EN PRENSA

DIARIO DA UNIVERSIDADE DE VIGO-DUVI (02/06/2025). Sigamos traducindo, sigamos xogando, sigamos creando cultura desde Galicia. Disponible en red ici.

FARO DE VIGO (31/05/2025). Premios a los mejores traductores de videojuegos. Disponible en red ici.

ATLÁNTICO (31/05/2025). La invisible labor de los traductores. Disponible en red ici.

METROPOLITANO (29/05/2025). Vialia Vigo acoge un gran trivial para desafiar a los expertos en el universo de los videojuegos. Disponible en red ici.

FARO DE VIGO (22/05/2025). Los premios de localización de videojuegos incluyen un gran trivial en Vialia. Disponible en red ici.

HISTORIABLE (22/05/2025). Os Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos chegan á súa terceira edición. Disponible en red ici.

LA VOZ DE GALICIA (21/05/2025). La Universidade de Vigo celebra los premios de videojuegos con un trivial en el centro comercial de Vialia. Disponible en red ici.

CÓDIGO CERO (21/05/2025). Os Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos chegan á súa terceira edición. Disponible en red ici.

VALMIÑORTV (09/01/2025). Los Premios ETIV-UVigo lanzan su tercera edición con ocho categorías de localización de videojuegos. Disponible en red ici.

DIARIO DA UNIVERSIDADE DE VIGO-DUVI (09/01/2025). Os Premios ETIV-UVigo lanzan a súa terceira edición con oito categorías de localización de videoxogos. Disponible en red en ici. 

PLANO MATO (s.f.). Vigo, Epicentro del Videojuego: Premios Etiv-Uvigo y Trivial Interactivo en Vialia. Disponible en red ici.

DEVUEGO (s.f.). Premios ETIV-UVigo a la localización de videojuegos. Disponible en red ici.

Article similaire

O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas de balde no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027

Todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde nun programa de actividades extraacadémicas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027. Esta oferta é posible grazas á mención de excelencia da Xunta de Galicia, concedida ao MTCI por segundo quinquenio consecutivo.…

En savoir plus
2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

En savoir plus
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

En savoir plus