Vou preservar você, minhoca!

O Grupo de Investigación Tradução & Paratradución (T&P), o Mestrado en Tradução para a Comunicação Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– e o Título Propio de Especialista em Tradução para a Industria do Videoxogo (ETIV) estarán presentes no acto de clausura da Xornada organizada polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (geAAT) da Universidade de Vigo titulada

Vou preservar você, minhoca!

Onde os videoxogos en galego e a arqueoloxía se dan a man 

 

Data: venres, 15 de setembro de 2023 

Lugar: Edificio Redeiras. Praza do Berbés, Vigo 

Inscricións: https://geaat.webs.uvigo.es/gl/formulario-de-inscricion/ 

Convida a toda a cidadanía a achegarse a Redeiras e unirse aos talleres, campionatos, charlas…

A UVigo reivindicará este venres os videoxogos en galego cunha xornada chea de actividades

Contarase coa participación de múltiples especialistas neste sector

 

D. BESADÍO  DUVI  13/09/2023

Vou preservar você, minhoca! Con este suxerinte título a Universidade de Vigo organizou para este venres unha xornada na que os videoxogos en galego e a arqueoloxía se darán a man. Será ao longo de todo do día no edificio Redeiras, na praza do Berbés, aberta ao público en xeral, pensada especialmente para a mocidade, “pero non exclusivamente, pois é evidente que o mundo dos videoxogos cada vez se estende a máis capas de idade”, tal e como explica a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, quen adianta que haberá tamén actividades especificamente dirixidas ás familias.

Coincidindo coa clausura da exposición Arqueoloxía dixital galega, na que se achega ás persoas espectadoras a diferentes aspectos relacionados coas redes sociais e Internet en Galicia, as actividades da xornada van dirixidas a remarcar a importancia do uso do galego no mundo dos videoxogos. Trátase, a xuízo da vicerreitora, “de reivindicar a presenza da nosa lingua nun contexto de grande actualidade entre a xuventude” e para conseguilo contarase coa participación de especialistas, profesorado e alumnado dos tres campus que, a través das súas propias experiencias, tratarán de lanzar “unha mensaxe de esperanza do uso do galego cara as novas tendencias”.

Todo un abano de posibilidades para amantes dos videoxogos

O programa arrancará ás 11.30 horas cun encontro didáctico cos responsables de UVigo SpaceLab, un equipo multidisciplinar de alumnas e alumnos de diferentes escolas de enxeñaría da UVigo dedicados ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais dentro do ámbito educacional. A continuación, ás 12.00 horas, arrancará a zona de videoxogos retro en galego,  centrada nas consolas que reinaron nos anos oitenta e noventa.

A maior parte de actividades concéntranse pola tarde. Empezarase ás 16.30 horas con Entre nós, un xogo multixogador en liña pensado para familias -menores de 12 anos acompañados-. Ás 17.00 h. está previsto un hackaton para crear guións de videoxogos, aberto a persoas maiores de 14 anos, e, á mesma hora, terá tamén lugar un adestramento de elite en deportes dixitais a cargo de Tomás Leis Bravos, capitán do equipo de e-Sports Valorant da UVigo e, segundo se destaca no programa, “un dos mellores deportistas de Galicia e un as niso de saber trucos”.

Referente indiscutible no mundo da dobraxe, outro dos convidados será Julio Lorenzo, o actor que lle puxo voz a Son Goku para a TVG, que contará neste acto múltiples anécdotas coas que amosar “como se pode chegar a superar o millón de unidades de forza niso de motivar a falar en galego a varias xeracións”.

A maiores, o programa inclúe tamén un campionato de Dragon Ball Z e unha pequena charla do profesor e co director do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo José Yuste, sobre traducir e paratraducir os videoxogos en Galicia. A xornada pecharase  ás 20.00 horas coa clausura da exposición Arqueoloxía Dixital Galega que pode visitarse no edificio Redeiras desde o pasado mes de xullo e que agora seguirá a súa andaina polo resto de campus da UVigo, así como por outras institucións.

Publicações relacionada

¡Vuelven los Premios ETIV-UVigo en su III Edición!

Nos complace anunciar que los Premios ETIV-UVigo regresan un año más para celebrar y reconocer la excelencia en la localización de videojuegos. Estos galardones, organizados por la Universidade de Vigo y el grupo de investigación TI4 Traducción & Paratraducción (T&P), forman parte de las actividades del Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria…

Ler mais
Citizens’ Language Days: entrevista a Paula Sánchez

1.     Que sentiches ao ser unha das 24 persoas seleccionadas de entre todos os mestrados da rede europea (EMT)? Creo que o sentimento de ledicia que vivín cando recibín a noticia é indescritible. Foi una grata sorpresa e unha gran oportunidade que tiña claro que ía aproveitar ao máximo. Sentinme moi afortunada de poder representar…

Ler mais
Nociones clave para-traducir entre la transtextualidad y la transmedialidad

Desde la Coordinación del Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia y Máster Europeo en Tradución (EMT) de la Dirección General de Traducción de la Unión Europea– nos complace anunciar que el Grupo de Investigación Traducción & Paratraducción (T&P) estará presente en el Congreso internacional GLOTECH 2024: ” Shaping…

Ler mais
Entrevista TEF 2024: Lucía Traygo Cornejo

Que sentiches ao ser unha das 20 persoas seleccionadas de entre todos os mestrados da rede europea (EMT)? Dende o primeiro momento, sentín un profundo agradecemento polo grande equipo, a coordinación do MTCI, que fai posible este tipo de iniciativas, así como un forte compromiso para aproveitar esta oportunidade ao máximo. A idea de que…

Ler mais