O Título Propio de Especialista en dobraxe é un título dirixido polo Prof. Dr. D. Xoán Montero Domínguez e o primeiro emitido por unha universidade pública do Estado español.

Os obxectivos do título propio son tres:

Adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de actor/actriz de dobraxe.

Adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de tradutor/a audiovisual.

Adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de axustador/a.

Studio XXI Producciones, Área 5.1 Factoría Audiovisual, Babalú Vox, Brétema Producciones, Cinemar Films, Cinema Iberolusa, DDA/DUB Digital Audio, Penteo Films, SDI Media Ibérica e Uno TV, son os estudios nos que o alumnado do único título de especialista en dobraxe que se imparte no ámbito universitario en España poderán realizar unha proba de interpretación, baixo a supervisión dun director, con produtos de dobraxe de ficción e animación, en galego, castelán ou en ambos os dous idiomas.

ATENCIÓN ! Desconto do 50 % na matrícula do Título de Especialista en dobraxe

O alumnado matriculado no Mestrado en Tradución para a comunicación internacional (MTCI) poderá beneficiarse dun desconto do 50 % no prezo da matrícula do Título Propio de Especialista en dobraxe.