Xoán Montero Domínguez é doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, onde desenvolve o seu labor docente e investigador. Alén de autor de diversos traballos científicos nos ámbitos da tradución audiovisual e da normalización lingüística, entre os que destaca a monografía La traducción de proyectos cinematográficos. Modelo de análisis para los largometrajes de ficción gallegos (Peter lang, 2015), é editor dos volumes Tradución para a dobraxe en Galicia, País Vasco e Cataluña. Experiencias investigadoras e profesionais (Universidade de Vigo, 2010), Traducción para la comunicación internacional (Comares, 2013), Traducción e industrias culturales. Nuevas perspectivas de análisis (Peter Lang, 2014) e El doblaje. Nuevas vías de investigación (Comares, 2017).

Contacto: xoanmontero@uvigo.es