Limiares
Cargando
Lara Domínguez Araújo

Doutora en Tradución e Estudos Interculturais cunha tese sobre a avaliación para a aprendizaxe da interpretación pola Universidade Autónoma de Barcelona. Posgraduouse en interpretación de conferencias pola Universidade de Lisboa (EMCI) e obtivo o DEA en Tradución e Paratradución na Universidade de Vigo, cun traballo de investigación sobre didáctica da interpretación consecutiva. Experta en Lingua Oral para os Medios de Comunicación (USC), Especialista en Dobraxe (Uvigo) e Licenciada en Tradución e interpretación (Uvigo), exerceu como intérprete e tradutora autónoma de 2006 a 2021.

Foi profesora asociada da Universidade de Vigo entre 2006 e 2021 e formadora convidada de interpretación noutras institucións (a Xunta de Galicia, a Universidade da Laguna, o ISCAP do Porto e a Universidade de Lisboa). Ten publicado artigos e participado en congresos con contribucións relacionadas coa didáctica e a avaliación en interpretación e na actualidade participa no proxecto EACT sobre Avaliación na Adquisición da Competencia Tradutora coordinado pola UAB.

Como intérprete atesoura máis de 1000 h de experiencia nas modalidades simultánea e consecutiva do inglés e portugués ao castelán ou galego (e viceversa), nos máis diversos ámbitos (cultura, proxectos europeos, política, dereitos humanos, arquitectura, arte, patrimonio, investigación ambiental, educación, pesca, tecnoloxía industrial…). A súa traxectoria na tradución profesional empezou como bolseira na Comisión Europea e seguiu no cadro de persoal de Hermes Traducciones y Servicios lingüísticos; xa como autónoma, asumiu unha ampla variedade encargas para axencias, fundacións, editoriais e clientes directos. No ámbito literario, destacan as súas traducións das novelas A virxe e o xitano de D.H. Lawrence (Irmás Cartoné), Istambul de Orhan Pamuk (Galaxia…) ou Terrorista de John Updike (Edicións Xerais). Tamén traballou como locutora de libros de texto e correctora en distintas ocasións, das que é bo exemplo o Dicionario de fraseoloxía galego-castelán, castelán-galego de Carmen López Taboada e María Rosario Soto Arias (Edicións Xerais).

LER MÁIS

Lara Domínguez Araújo é doutora en Tradución e Estudos Interculturais cunha tese sobre a avaliación para a aprendizaxe da interpretación pola Universidade Autónoma de Barcelona. Posgraduouse en interpretación de conferencias pola Universidade de Lisboa (EMCI) e obtivo o DEA en Tradución e Paratradución na Universidade de Vigo, cun traballo de investigación sobre didáctica da interpretación consecutiva. Experta en Lingua Oral para os Medios de Comunicación (USC), Especialista en Dobraxe (Uvigo) e Licenciada en Tradución e interpretación (Uvigo), exerceu como intérprete e tradutora autónoma de 2006 a 2021.

Foi profesora asociada da Universidade de Vigo entre 2006 e 2021 e formadora convidada de interpretación noutras institucións (a Xunta de Galicia, a Universidade da Laguna, o ISCAP do Porto e a Universidade de Lisboa). Ten publicado artigos e participado en congresos con contribucións relacionadas coa didáctica e a avaliación en interpretación e na actualidade participa no proxecto EACT sobre Avaliación na Adquisición da Competencia Tradutora coordinado pola UAB.

Como intérprete atesoura máis de 1000 h de experiencia nas modalidades simultánea e consecutiva do inglés e portugués ao castelán ou galego (e viceversa), nos máis diversos ámbitos (cultura, proxectos europeos, política, dereitos humanos, arquitectura, arte, patrimonio, investigación ambiental, educación, pesca, tecnoloxía industrial…). A súa traxectoria na tradución profesional empezou como bolseira na Comisión Europea e seguiu no cadro de persoal de Hermes Traducciones y Servicios lingüísticos; xa como autónoma, asumiu unha ampla variedade encargas para axencias, fundacións, editoriais e clientes directos. No ámbito literario, destacan as súas traducións das novelas A virxe e o xitano de D.H. Lawrence (Irmás Cartoné), Istambul de Orhan Pamuk (Galaxia…) ou Terrorista de John Updike (Edicións Xerais). Tamén traballou como locutora de libros de texto e correctora en distintas ocasións, das que é bo exemplo o Dicionario de fraseoloxía galego‑castelán, castelán-galego de Carmen López Taboada e María Rosario Soto Arias (Edicións Xerais).

Alberto
Álvarez Lugrís, Alberto
Emmanuel
Bourgoin Vergondy, Emmanuel
Patricia Buxán
Buxán Otero, Patricia
Pablo de Carlo
De Carlos Villamarin, Pablo
Maribel
Del Pozo Triviño, Maribel
Lara
Domínguez Araújo, Lara
Pablo Fernández Calero
Fernández Carballo Calero, Pablo
Anxo
Fernández Ocampo, Anxo
Oscar Ferreiro
Ferreiro Vázquez, Óscar
Iolanda Galanes
Galanes Santos, Iolanda
Xoán Garrido
Garrido Vilariño, Xoán
Pedro
González Santamaría, Pedro
Jessica
Gregori Sendra, Jessica
Ana Hermida
Hermida Ruibal, Ana
Sara Louredo
Louredo Casado, Sara
Ana Luna
Luna Alonso, Ana
Ramón
Méndez González, Ramón
Xoán Montero
Montero Domínguez, Xoán
Salvador
Mourelo Pérez, Salvador
Amador
Ordóñez Puime, Amador
Elena
Sanchez Trigo, Elena
Patricia Sotelo
Sotelo Dios, Patricia
Francisco
Torres Pérez, Francisco José
Jose Yuste II
Yuste Frías, José
GL
X