Francisco Torres Pérez. Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade de Vigo. Especialista en Dereito Corporativo por dita Universidade (1998) e en Dereito Marítimo Internacional por ICADE-IME (2008). Na actualidade é profesor titular de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo. Desde outubro de 2016 ata outubro de 2019 foi coordinador da estratexia de investigación e membro do comité científico do Proxecto Europeo DOCKSIDE. As súas principais liñas de investigación son o réxime xurídico das Cooperativas, o Dereito Marítimo e a Propiedade Industrial. Nesta última materia leva vinculado a proxectos de investigación de forma ininterrompida dende o ano 2005 e participou activamente na organización de congresos e seminarios sobre o tema. Ademais, foi membro do consello de redacción da revista Actas de Dereito Industrial dende 2015 ata 2019, como secretario; e de Cooperativismo e Economía Social.
Canto a súa experiencia docente universitaria, é profesor titular do departamento de Dereito Privado da Universidade de Vigo dende o ano 2019. Imparte distintas materias nas Licenciaturas de Dereito, RRLL e RRHH, e no programa de simultaneidade ADE-Derecho. É profesor en varios programas de mestrado e varios programas de doutoramento.
As súas liñas de investigación inclúen as sociedades cooperativas e o dereito marítimo.
- “Advantages and challenges of intellectual property rights related to the shipbuilding process” en coautoría con Louredo Casado, S., Comparative Maritime Law, núm 76, 2023.
- “Cooperativas y Sociedades laborales: notas básicas sobre su valor añadido para las empresas emergentes”, en Digitalización de la actividad Societaria de cooperativas y sociedades laborales (Dirs. Alfonso Sánchez, Andreu Martí), Aranzadi, 2021, pp. 409-426.
- “Cooperatives between State control and the Collaborative Economy”, Journal of Co-operative Studies 49 No 3 (148) Winter, 2016.
- “Régimen jurídico de las aportaciones sociales en la sociedad cooperativa”, Aranzadi, Cizur Menor, 2012.
- “Transporte marítimo en la cadena de suministro”, (Dirs. Tato Plaza-Díaz Vázquez, Coord. Torres Pérez), Andavira, Santiago de Compostela, 2010.