Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

 

 

Dereito aplicado á traducción

(Prof. Franciso José Torres Pérez, Prof. Pablo Fernández Carballo Calero e Prof.ª Sara Louredo Casado)

A finalidade desta materia é ofrecer unha serie de coñecementos sobre a contorna xurídica da profesión das persoas que se dedican á tradución e á interpretación. Abordaranse cuestións diversas, pero ligadas ao eido empresarial coma unha comparación coas diversas formas xurídicas e de empresa analizando as súas vantaxes e inconvenientes. Así mesmo, estudaranse aspectos básicos e prácticos dos denominados dereitos de propiedade industrial ligados ao exercicio dunha actividade empresarial. Por último, no módulo estúdase a denominada «propiedade intelectual», tamén coñecida como «dereitos de autor», por ser un tema que cobra relevancia incuestionable sobre os potenciais interesados neste mestrado.

GL
Skip to content