Patricia Sotelo Dios é actualmente profesora asociada do Departamento de Tradución e Lingüística na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Nesta Universidade obtivo o título de especialista en Tradución e Lingüística (2005) e a licenciatura en Tradución e Interpretación (2007). Anteriormente, licenciouse en Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela (1997), onde tamén cursou o Mestrado en Edición (2007-2009). No curso 2001/2002 traballou como profesora axudante de conversa de español no Lycée Polyvalent de la Herdrie (Francia) e de 2003 a 2006 exerceu como profesora axudante no Departamento de Filoloxía Hispánica e Portuguesa da University of Iowa (Estados Unidos), onde obtivo o Master of Arts in Foreign and Second Language Education (2004-2006).
De 2009 a 2013 traballou nunha axencia como tradutora, revisora, correctora, transcritora e xestora de proxectos e exerce esta mesma profesión como autónoma dende 2007. Os seus principais idiomas de traballo son o inglés, o francés, o castelán e o galego e está habilitada pola Xunta de Galicia para a tradución e a interpretación xurada inglés-galego.
É membro da Asociación Galega Profesional de Tradutores e Intérpretes (AGPTI) dende 2009 e da Asociación de Traducción y Adaptación Audiovisual (ATRAE) dende 2014.
Tamén é membro dende 2008 do grupo de investigación Seminario de Lingüística Informática-Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (SLI-TALG) da Universidade de Vigo, no que estivo contratada como investigadora de marzo a novembro de 2009 para o proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia «Desenvolvemento e explotación de recursos integrados da lingua galega (RILG)». Ademais, traballou como investigadora no Centro de Estudos Humanísticos (CEHUM) da Universidade do Minho (Portugal) de abril a setembro de 2013 no proxecto financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional: Per-Fide.
As súas liñas principais de investigación son a lingüística de corpus, os estudos de tradución baseados en corpus paralelos e multimedia e a tradución audiovisual.
Publicacións máis relevantes
Capítulo de libro
- Sotelo Dios, P. (2016) «Adquisición de competencias en traducción audiovisual mediante un corpus multimedia», en D. Gallego-Hernández [ed.], New Insights into Corpora and Translation, pp. 1-16. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
- Sotelo Dios, P. (2015) «Using a multimedia corpus of subtitles in translation training: Design and applications of the Veiga corpus», En A. Leńko-Szymańska e A. Boulton [eds.], Multiple Affordances of Language Corpora for Data-driven Learning [Studies in Corpus Linguistics, 69], pp. 245-266. Amsterdam: John Benjamins Publishing Company.
- Sotelo Dios, P. e Gómez Guinovart, X. (2012) «A Multimedia Parallel Corpus of English-Galician Film Subtitling», en A. Simões, R. Queirós e D. da Cruz, OASIcs: OpenAccess Series in Informatics, 24, pp. 255-266.
Artigo de revista
Recensión
Comunicacións en congresos
- «Translation-oriented annotation of a multimedia parallel corpus of subtitles» [Póster]. Corpus Linguistics Conference 2017. University of Birmingham (Reino Unido), 27 de xullo de 2017.
- «Translation-oriented annotation of a multimedia parallel corpus of subtitles». International Symposium Parallel Corpora: Creation and Applications. Universidade de Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016.
- «Adquisición de competencias en traducción audiovisual mediante corpus multimedia». IV Congreso Internacional CULT (Corpus Use and Learning to Translate). Universitat d’Alacant, 27 de maio de 2015.
- «El uso de un corpus multimedia de subtítulos como herramienta didáctica de traducción audiovisual: un caso práctico». VII Jornadas de Doblaje y Subtitulación. Universitat d’Alacant, 9 de abril de 2014.
- «El uso de rúbricas en la docencia universitaria». I Jornadas de Evaluación. Universidade de Vigo, 15 de marzo de 2013.
- «Pedagogical Applications of a Multimedia Bilingual Corpus of Subtitles». TaLC10 (10th Teaching and Language Corpora Conference). University of Warsaw (Polonia), 13 de xullo de 2012.
- «A Multimedia Parallel Corpus of English-Galician Film Subtitling», en coautoría con Xavier Gómez Guinovart. SLATE ‘2012 (Symposium on Languages, Applications and Technologies). Universidade do Minho (Portugal), 22 de xuño de 2012.
- «Novas achegas ao estudo da tradución intercultural na subtitulación para o cinema». XV Forum for Iberian Studies. University of Oxford (Reino Unido), 21 de xuño de 2012.
- «Using a Multimedia Parallel Corpus to Investigate English-Galician Subtitling». Supporting Digital Humanities 2011 Conference: Answering the Unaskable. University of Copenhagen (Dinamarca), 17 de novembro de 2011.
- «A Multimodal Parallel Corpus of English-Galician Subtitles: Issues in Multimedia Corpus Design and Data Analysis». 4.º Congreso Internacional Media for All. Audiovisual translation: Taking Stock. Imperial College (Reino Unido), 30 de xuño de 2011.
- «Using a Multimodal Parallel Corpus to Investigate English-Galician Subtitling». IPCITI (The International Postgraduate Conference in Translation and Interpreting). University of Manchester (Reino Unido), 31 de outubro de 2010.
ID ORCID: https://orcid.org/0000-0002-3982-3405
Contacto: psotelod@uvigo.es