BIONOTA

Lorena Abreu López é Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo, Mestrado en Innovación e Optimización de Procesos pola Universidade de Vigo e Xestora de Proxectos Europeos de I+D polo CIS Galicia e Xestora de Proxectos Nacionais e Europeos de I+D+i por FEUGA ademais de formación como cooperante internacional.

O seu primeiro exercicio profesional centrouse na consultoría operacional nunha empresa internacional de orixe xaponesa especializada na implementación de proxectos de mellora continua (Lean Manufacturing ou Kaizen) en empresas de todo tipo de sectores.

Especializouse posteriormente na xestión de proxectos e exerceu como xestora de I+D no grupo de investigación REDE da Universidade de Vigo e como técnico de xestión de proxectos internacionais financiados baixo programas europeos de investigación e innovación como “Horizon 2020” ou “Interreg” e “SUDOE” durante máis de 4 anos nun Centro Tecnolóxico de referencia en Galicia, apoiando consorcios de colaboración de máis de 10 – 15 socios e presupostos de varios millóns de euros.

Na actualidade coordina un Consorcio de Comercio internacional, como coordinadora Erasmus do IES Ribeira do Louro, cun elevado número de mobilidades a países de dentro e de fóra da Unión Europea. A realización destes programas permítelle adquirir un amplo coñecemento da cultura e realidade económica dun importante número de países, tanto da Unión Europea, coma de países do leste de Europa, Asia e África.

EXPERIENCIA DOCENTE

Imparte clases como profesora numeraria no IES Ribeira do Louro no Ciclo Formativo de Nivel Superior de Comercio Internacional dende o ano 2021, e anteriormente no IES A Guía e o IES Ricardo Mella, nos Ciclos Superiores de Transporte e Loxística, Xestión de Ventas, Marketing e Publicidade e Administración e Dirección de Empresas. 

Previamente á súa adicación exclusiva á educación secundaria,  dende 2009 compatibilizou a súa carreira profesional coa docencia primeiro, como consultora, despois como profesora invitada no Máster de Innovación e Optimización de Procesos da UVIGO e máis tarde como profesora invitada da Escola de Empresariais da Universidade de Vigo para impartir docencia en materias coma Administración de Empresas ou Comercio Exterior. Xunto coa docencia conta con experiencia en empresas con actividade internacional de importación e exportación estando ao cargo da análise de riscos nas operacións de compravenda internacional.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN
PUBLICACIÓNS
Abreu López, Lorena
Álvarez Lugrís, Alberto
Bourgoin Vergondy, Emmanuel
Buxán Otero, Patricia
De Carlos Villamarin, Pablo
Del Pozo Triviño, Maribel
Domínguez Araújo, Lara
Fernández Carballo Calero, Pablo
Fernández Ocampo, Anxo
Ferreiro Vázquez, Óscar
Galanes Santos, Iolanda
Garrido Vilariño, Xoán
González Santamaría, Pedro
Gregori Sendra, Jessica
Hermida Ruibal, Ana
Louredo Casado, Sara
Luna Alonso, Ana
Méndez González, Ramón
Montero Domínguez, Xoán
Mourelo Pérez, Salvador
Sanchez Trigo, Elena
Sotelo Dios, Patricia
Torres Pérez, Francisco José
Yuste Frías, José