Limiares
Cargando
de Carlos Villamarín, Pablo

Pablo de Carlos Villamarín é Licenciado en Ciencias Económicas e Doutor en Economía pola Universidade de Vigo, a cuxo Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia pertence, na actualidade como Profesor Contratado Doutor interino, estando acreditado para o acceso ao corpo de Profesores Titulares de Universidade. Nos últimos anos centrou a súa actividade docente en materias da área de Organización de Empresas, como Sistemas de Información para a Xestión Turística (Grao en Turismo e PCEO Turismo-Historia), Dirección Estratéxica e Dirección Estratéxica Internacional (Grao en ADE, PCEO ADE-Dereito e PCEO ADE-Informática). Ademais de impartir e/ou coordinar docencia en titulacións de Grao do ámbito empresarial, tamén o fixo no Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo, o Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte, o Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa e o Máster Universitario en Enxeñaría Informática, todos eles titulacións oficiais da Universidade de Vigo. No ámbito internacional, impartiu docencia no Master Responsable du Développement à l’International na UFR Lettres, Sciences Humaines et Sociales da Université de Bretagne-Sud (Francia) e no Mestrado em Gestão do Turismo na Escola Superior de Hotelaria e Turismo do Instituto Politécnico do Porto (Portugal).

Dentro da súa actividade investigadora, destaca a súa participación en numerosos proxectos e contratos con organismos públicos e privados relacionados coa análise do tecido empresarial de Vigo e a súa Área de Influencia e, xa como membro do grupo de investigación Organización e Comercialización (OC2), coa análise da realidade socioeconómica da provincia de Ourense. Así mesmo, foi autor de numerosas comunicacións a Congresos, nacionais e internacionais, artigos de investigación publicados en revistas de impacto como Current Issues in Tourism, European Sport Management Quarterly, Ageing and Society ou European Research on Management and Business Economics ou capítulos de libro publicados en editoriais de prestixio como IGI Global, Civitas – Thomson Reuters ou Comares, destacando numerosas achegas á análise económico-empresarial dun sector clave para a economía mundial como é o turístico, e dunha actividade que ven gañando unha grande importancia económica e social nas últimas décadas, como é o deporte de competición. Tamén foi avaliador para revistas de impacto como OPSEARCH, Tourism Managemenmt Perspectives ou Operational Research e membro do Comité Organizador e/ou Científico de congresos internacionais como o Congreso Internacional de la Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), o Seminario Luso-Español de Economía Empresarial (SLEE) ou a International Conference on Tourism, Technology & Systems (ICOTTS).

 

LER MÁIS

Pablo de Carlos Villamarín é Doutor en Economía pola Universidade de Vigo, a cuxo Departamento de Organización de Empresas e Marketing pertence. Nos últimos anos centrou a súa actividade docente en materias da área de Organización de Empresas, como Sistemas de Información para a Xestión Turística (Grao en Turismo), Teoría da Organización e Dirección Estratéxica Internacional (Grao en ADE). Ademais de impartir e/ou coordinar docencia en titulacións de Grao do ámbito empresarial, tamén o fixo no Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo, o Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte, o Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa e o Máster Universitario en Enxeñaría Informática, todos eles titulacións oficiais da Universidade de Vigo. No ámbito internacional, impartiu docencia na Université de Bretagne-Sud (Francia) e na Escola Superior de Hotelaria e Turismo do Instituto Politécnico do Porto (Portugal).

Dentro da súa actividade investigadora, destaca a súa participación en numerosos proxectos e contratos con organismos públicos e privados relacionados coa análise do tecido empresarial de Vigo e a súa Área de Influencia. Así mesmo, é autor de numerosas comunicacións a Congresos, nacionais e internacionais, artigos de investigación publicados en revistas de impacto como Current Issues in Tourism, European Sport Management Quarterly ou Ageing and Society, ou capítulos de libro publicados en editoriais de prestixio como IGI Global ou Comares, destacando numerosas achegas á análise económico-empresarial dun sector clave para a economía mundial como é o turístico.

 

Contacto: pdecarlo@uvigo.es

Alberto
Álvarez Lugrís, Alberto
Emmanuel
Bourgoin Vergondy, Emmanuel
Patricia Buxán
Buxán Otero, Patricia
Pablo de Carlo
De Carlos Villamarin, Pablo
Maribel
Del Pozo Triviño, Maribel
Lara
Domínguez Araújo, Lara
Pablo Fernández Calero
Fernández Carballo Calero, Pablo
Anxo
Fernández Ocampo, Anxo
Oscar Ferreiro
Ferreiro Vázquez, Óscar
Iolanda Galanes
Galanes Santos, Iolanda
Xoán Garrido
Garrido Vilariño, Xoán
Pedro
González Santamaría, Pedro
Jessica
Gregori Sendra, Jessica
Ana Hermida
Hermida Ruibal, Ana
Sara Louredo
Louredo Casado, Sara
Ana Luna
Luna Alonso, Ana
Ramón
Méndez González, Ramón
Xoán Montero
Montero Domínguez, Xoán
Salvador
Mourelo Pérez, Salvador
Amador
Ordóñez Puime, Amador
Elena
Sanchez Trigo, Elena
Patricia Sotelo
Sotelo Dios, Patricia
Francisco
Torres Pérez, Francisco José
Jose Yuste II
Yuste Frías, José
GL
X