Pedro González Santamaría é diplomado en ciencias empresariais, licenciado en Administración e Dirección de empresas, licenciado en investigación e técnicas de mercado e doutor «sobresaliente cum laude» pola Universidade de Vigo, onde imparte docencia nos Graos de Enxeñería Industrial e Administración de Empresas, así coma no Master en Xestión e Dirección de Pymes da UVigo e na Maestría en Comunicación e Mercadotecnia Estratéxica de la Escuela Jacobea de Pogrado, en México.
Ha publicado diversos traballos relacionados coa xestión nos sectores do Turismo e as TIC, e impartiu conferencias en varios países de Europa e América Latina. Acumula máis de 20 anos de experiencia no mundo empresarial, asumindo diversas responsabilidades vinculadas á xestión e dirección en diferentes sectores (comercial, organización de eventos, turismo, formación).
Desde o ano 2001 coordinou varios proxectos europeos, colaborando con diferentes institucións de países como Italia, Portugal, Romanía, Bulgaria, Polonia, Lituania, Austria ou Turquía. Posúe diversa formación en xestión e captación de proxectos europeos e participou no programa TecEuropa, en Bruselas, de formación especializada en financiación comunitaria.
Desde o ano 2015, forma parte do panel de expertos do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación, dependiente do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, onde leva a cabo tarefas relacionadas coa avaliación e o control de proxectos europeos.
En relación á súa experiencia docente, impartiu numerosos cursos especializados no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación. Paralelamente, foi profesor de Formación Profesional en centros públicos e privados nas especialidades de Informática, Administración de Empresas, Formación e Orientación Laboral e Organización Comercial. Tamén impartiu clases de Bacharelato en centros públicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na especialidade de Economía. Durante máis de 10 anos foi profesor de Sistemas de Información e Marketing Turístico na Diplomatura en Empresas e Actividades Turísticas tutelada pola UNED. Desde 2008 é profesor do Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia da Universidade de Vigo, onde imparte diversas materias en graos e mestrados relacionadas coa xestión e administración de empresas, sistemas de información e xestión de proxectos. Tamén colaborou como docente no ámbito do Marketing con diversas institucións internacionais.
As súas liñas de investigación inclúen o comportamento do consumidor, o marketing turístico e o estudo da industria dos videoxogos.
- González-Santamaría, Pedro y Ferreiro-Vázquez, Óscar; (2023). Desarrollo profesional en el sector de la traducción y la interpretación relacionado con el ámbito de los videojuegos. En Sara María Torres Outón y Ramón Méndez González [eds.] Realidades y desafíos de la tecnología aplicada a la tradicción y la interpretación, pp. 13-26. ISBN: 978-3-631-87192-8. Berlín: Editorial Peter Lang.
- Ferreiro-Vázquez, Óscar y González-Santamaría, Pedro (2023). Eventos vinculados a videojuegos y actividad turística. En Ramón Méndez y Alba Calvo [eds.] Nuevas Voces investigadoras en el ámbito de la localización de videojuegos., pp. 15-27. ISBN: 978-84-19471-92-5. Valencia: Tirant Humanidades.