Pedro González Santamaría é Diplomado en Ciencias Empresariais, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, Licenciado en Investigación e Técnicas de Mercado e Doutor «Sobresaliente Cum Laude» en Xestión e Organización de empresas pola Universidade de Vigo.
Imparte docencia nos graos de Enxeñería Industrial e Administración de Empresas, así coma no mestrado en Xestión e Dirección de Pemes da UVIGO e na «Maestría en Comunicación y Mercadotecnia Estratégica» da «Escuela Jacobea de Posgrado», en México.
Ten publicados diversos traballos relacionados co Turismo en as TIC e impartido conferencias en varios países de Europa e América Latina. Acumula máis de 20 anos de experiencia no mundo empresarial, con diversas responsabilidades no eido comercial e na dirección en diferentes sectores (comercial, organización de eventos, turismo, formación).
Dende o ano 2001 coordinou varios proxectos europeos, colaborando con distintas institucións en países como Italia, Portugal, Romanía, Bulgaria, Polonia, Lituania, Austria ou Turquía. Posúe diversa formación en xestión e captación de proxectos europeos e participou no programa TecEuropa, en Bruxelas, de formación especializada en financiamento comunitario.
Na actualidade, e dende o ano 2015, forma parte do panel de expertos do «Servicio Español para la Internacionalización de la Educación», dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, onde leva a cabo tarefas relacionadas coa avaliación e o control de proxectos europeos no ámbito educativo