Limiares
Cargando
Sotelo Dios, Patricia
Patricia Sotelo Dios é actualmente profesora asociada do Departamento de Tradución e Lingüística na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Nesta Universidade obtivo o título de especialista en Tradución e Lingüística (2005) e a licenciatura en Tradución e Interpretación (2007). Anteriormente, licenciouse en Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela (1997), onde tamén cursou o Mestrado en Edición (2007-2009). No curso 2001/2002 traballou como profesora axudante de conversa de español no Lycée Polyvalent de la Herdrie (Francia) e de 2003 a 2006 exerceu como profesora axudante no Departamento de Filoloxía Hispánica e Portuguesa da University of Iowa (Estados Unidos), onde obtivo o Master of Arts in Foreign and Second Language Education (2004-2006). De 2009 a 2013 traballou nunha axencia como tradutora, revisora, correctora, transcritora e xestora de proxectos e exerce esta mesma profesión como autónoma dende 2007. Os seus principais idiomas de traballo son o inglés, o francés, o castelán e o galego e está habilitada pola Xunta de Galicia para a tradución e a interpretación xurada inglés-galego. É membro da Asociación Galega Profesional de Tradutores e Intérpretes (AGPTI) dende 2009 e da Asociación de Traducción y Adaptación Audiovisual (ATRAE) dende 2014. Tamén é membro dende 2008 do grupo de investigación Seminario de Lingüística Informática-Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (SLI-TALG) da Universidade de Vigo, no que estivo contratada como investigadora de marzo a novembro de 2009 para o proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia «Desenvolvemento e explotación de recursos integrados da lingua galega (RILG)». Ademais, traballou como investigadora no Centro de Estudos Humanísticos (CEHUM) da Universidade do Minho (Portugal) de abril a setembro de 2013 no proxecto financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional: Per-Fide.
LER MÁIS

Patricia Sotelo Dios é actualmente profesora asociada do Departamento de Tradución e Lingüística na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Nesta Universidade obtivo o título de especialista en Tradución e Lingüística (2005) e a licenciatura en Tradución e Interpretación (2007). Anteriormente, licenciouse en Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela (1997), onde tamén cursou o Mestrado en Edición (2007-2009). No curso 2001/2002 traballou como profesora axudante de conversa de español no Lycée Polyvalent de la Herdrie (Francia) e de 2003 a 2006 exerceu como profesora axudante no Departamento de Filoloxía Hispánica e Portuguesa da University of Iowa (Estados Unidos), onde obtivo o Master of Arts in Foreign and Second Language Education (2004-2006).

De 2009 a 2013 traballou nunha axencia como tradutora, revisora, correctora, transcritora e xestora de proxectos e exerce esta mesma profesión como autónoma dende 2007. Os seus principais idiomas de traballo son o inglés, o francés, o castelán e o galego e está habilitada pola Xunta de Galicia para a tradución e a interpretación xurada inglés-galego.

É membro da Asociación Galega Profesional de Tradutores e Intérpretes (AGPTI) dende 2009 e da Asociación de Traducción y Adaptación Audiovisual (ATRAE) dende 2014.

Tamén é membro dende 2008 do grupo de investigación Seminario de Lingüística Informática-Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (SLI-TALG) da Universidade de Vigo, no que estivo contratada como investigadora de marzo a novembro de 2009 para o proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia «Desenvolvemento e explotación de recursos integrados da lingua galega (RILG)». Ademais, traballou como investigadora no Centro de Estudos Humanísticos (CEHUM) da Universidade do Minho (Portugal) de abril a setembro de 2013 no proxecto financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional: Per-Fide.

As súas liñas principais de investigación son a lingüística de corpus, os estudos de tradución baseados en corpus paralelos e multimedia e a tradución audiovisual.

Publicacións máis relevantes

Capítulo de libro

Artigo de revista

Recensión

Comunicacións en congresos

  • «Translation-oriented annotation of a multimedia parallel corpus of subtitles» [Póster]. Corpus Linguistics Conference 2017. University of Birmingham (Reino Unido), 27 de xullo de 2017.
  • «Translation-oriented annotation of a multimedia parallel corpus of subtitles». International Symposium Parallel Corpora: Creation and Applications. Universidade de Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016.
  • «Adquisición de competencias en traducción audiovisual mediante corpus multimedia». IV Congreso Internacional CULT (Corpus Use and Learning to Translate). Universitat d’Alacant, 27 de maio de 2015.
  • «El uso de un corpus multimedia de subtítulos como herramienta didáctica de traducción audiovisual: un caso práctico». VII Jornadas de Doblaje y Subtitulación. Universitat d’Alacant, 9 de abril de 2014.
  • «El uso de rúbricas en la docencia universitaria». I Jornadas de Evaluación. Universidade de Vigo, 15 de marzo de 2013.
  • «Pedagogical Applications of a Multimedia Bilingual Corpus of Subtitles». TaLC10 (10th Teaching and Language Corpora Conference). University of Warsaw (Polonia), 13 de xullo de 2012.
  • «A Multimedia Parallel Corpus of English-Galician Film Subtitling», en coautoría con Xavier Gómez Guinovart. SLATE ‘2012 (Symposium on Languages, Applications and Technologies). Universidade do Minho (Portugal), 22 de xuño de 2012.
  • «Novas achegas ao estudo da tradución intercultural na subtitulación para o cinema». XV Forum for Iberian Studies. University of Oxford (Reino Unido), 21 de xuño de 2012.
  • «Using a Multimedia Parallel Corpus to Investigate English-Galician Subtitling». Supporting Digital Humanities 2011 Conference: Answering the Unaskable. University of Copenhagen (Dinamarca), 17 de novembro de 2011.
  • «A Multimodal Parallel Corpus of English-Galician Subtitles: Issues in Multimedia Corpus Design and Data Analysis». 4.º Congreso Internacional Media for All. Audiovisual translation: Taking Stock. Imperial College (Reino Unido), 30 de xuño de 2011.
  • «Using a Multimodal Parallel Corpus to Investigate English-Galician Subtitling». IPCITI (The International Postgraduate Conference in Translation and Interpreting). University of Manchester (Reino Unido), 31 de outubro de 2010.

ID ORCID: https://orcid.org/0000-0002-3982-3405

Contacto: psotelod@uvigo.es

Alberto
Álvarez Lugrís, Alberto
Emmanuel
Bourgoin Vergondy, Emmanuel
Patricia Buxán
Buxán Otero, Patricia
Pablo de Carlo
De Carlos Villamarin, Pablo
Maribel
Del Pozo Triviño, Maribel
Lara
Domínguez Araújo, Lara
Pablo Fernández Calero
Fernández Carballo Calero, Pablo
Anxo
Fernández Ocampo, Anxo
Oscar Ferreiro
Ferreiro Vázquez, Óscar
Iolanda Galanes
Galanes Santos, Iolanda
Xoán Garrido
Garrido Vilariño, Xoán
Pedro
González Santamaría, Pedro
Jessica
Gregori Sendra, Jessica
Ana Hermida
Hermida Ruibal, Ana
Sara Louredo
Louredo Casado, Sara
Ana Luna
Luna Alonso, Ana
Ramón
Méndez González, Ramón
Xoán Montero
Montero Domínguez, Xoán
Salvador
Mourelo Pérez, Salvador
Amador
Ordóñez Puime, Amador
Elena
Sanchez Trigo, Elena
Patricia Sotelo
Sotelo Dios, Patricia
Francisco
Torres Pérez, Francisco José
Jose Yuste II
Yuste Frías, José
ES
X