Óscar Ferreiro Vázquez naceu no cantón de Fribourg (Suíza). Licenciado e doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo con Mención Internacional, obtivo pola súa tese titulada «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (15181870), a cualificación de Sobresaliente CUM LAUDE e outorgóuselle o premio extraordinario da Universidade de Vigo na convocatoria de 2016.
É profesor numerario de Francés na Consellería de Cultura, Educación e Universitaria da Xunta de Galicia.
Ao respecto da experiencia docente universitaria é profesor axudante doutor no departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo dende o curso 2006-2007. Imparte diferentes materias no grao de Tradución e Interpretación, así coma no Máster en Tradución para a Comunicación Internacional —que recentemente recibiu a mención de excelencia por parte do goberno da Xunta de Galicia— e no programa de doutoramento Tradución & Paratradución. É codirector do Título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV).
É membro investigador do grupo Tradución & Paratradución (T&P) e participa no proxecto da Universidad de Valladolid sobre a «Catalogación y estudio de las traducciones de los dominicos españoles e iberoamericanos» realizando tarefas sobre historia da tradución e interpretación da Orde nas misións de América Latina.
As súas liñas de investigación comprenden a historia da tradución e interpretación en América durante a conquista e colonización e a tradución do movemento globalizador hip hop como expresión artística e cultural. É tradutor–intérprete xurado de francés-galego-francés, habilitado pola Secretaría Xeral de Política lingüística (Xunta de Galicia). Na empresa privada impartiu máis de 1 500 horas de formación ao cadro de diferentes empresas. Durante cinco anos levou a cabo tarefas de tradución e interpretación nunha empresa recoñecida da cidade de Vigo, encargándose tamén de coordinar un equipo de persoas tradutoras e intérpretes para dar servizos lingüísticos a máis de cen empresas nacionais e internacionais.
Licenciado e Doutor con mención Internacional en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, Óscar Ferreiro Vázquez (Fribourg, Suíza) é docente no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da mesma Universidade onde imparte docencia no grao, posgrao e doutoramento (programa Tradución & Paratradución).
Coa tese «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870), baixo a dirección do profesor Xoán Manuel Garrido Vilariño, obtivo a cualificación de Sobresaliente CUM LAUDE e outorgóuselle o premio extraordinario da Universidade de Vigo na convocatoria de 2016.
Formou parte de distintos paneis internacionais onde foi convidado para ditar conferencias e ponencias (Sorbonne Nouvelle, Université Toulouse Le Mirail, Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto, Universidade do Minho).
É membro investigador do grupo Tradución & Paratradución (T&P) e participa no proxecto da Universidad de Valladolid sobre a «Catalogación y estudio de las traducciones de los dominicos españoles e iberoamericanos» realizando tarefas sobre historia da tradución e interpretación da Orde nas misións de América Latina.
As súas liñas de investigación comprenden a historia da tradución e interpretación en América durante a conquista e colonización e a tradución do movemento globalizador hip hop como expresión artística e cultural.
É tradutor-intérprete xurado de francés-galego-francés, habilitado pola Secretaría Xeral de Política lingüística (Xunta de Galicia). Na empresa privada impartiu máis de 1 500 horas de formación ao cadro de diferentes empresas, as especialidades impartidas eran francés administrativo, marítimo, empresarial e comercial, entre outras. Durante cinco anos levou a cabo tarefas de tradución e interpretación nunha empresa recoñecida da cidade de Vigo, encargándose tamén de coordinar un equipo de tradutores e intérpretes para dar servizos lingüísticos a máis de cen empresas nacionais e internacionais.
As investigacións realizadas na tese de doutoramento do profesor Óscar Ferreiro Vázquez no só obtiveron o premio extraordinario de doutoramento senón que o impacto nas forzas vivas de Vigo son tan fortes que até inspirou a creación dunha escultura que representa ao intérprete Gonzalo de Vigo cuxa figura é obxecto de investigación do Dr. Ferreiro Vázquez.
Contacto: oferreiro@uvigo.es Facebook persoal: https://www.facebook.com/oscar.ferreirovazquez